domingo, 9 de xuño de 2013

A casa da miña avoa - LITERATURA INFANTIL

A casa da miña avoa
Texto de Pep Bruno
Ilustracións de Matteo Gubellini
Tradución do castelán de Antón Fortes
OQO Editora, outubro 2009
+ de 4 anos 

Sae da vila, colle o camiño que leva ao val profundo, entra no bosque escuro e busca unha casa solitaria rodeada por un valado… Se te atreves, claro! 

O escritor catalán Pep Bruno, autor en OQO editora de Pétala, A noite das mudanzas e do Libro de contar, atrévese neste álbum a dar o salto ao misterio. Deste xeito, recorre ao suspense e a tensión narrativa para abordar a inquietante —mais finalmente divertida— xornada que vive o meniño protagonista, nun día que cría predicible: comer torta e apagar as candeas.

Matteo Gubellini, multipremiado artista italiano, con títulos publicados xa nalgunhas das máis prestixiosas editoriais infantís de Italia e Francia, ofrécenos en A casa da miña avoa unha mostra representativa do seu momento creativo e do seu repertorio plástico, figurativo, formal, cromático… un exemplo da súa apreciable capacidade para acompañar con imaxes unha suxestión narrativa en clave, neste caso, de historia de medo.

As pinceladas humorísticas dalgúns elementos animais (paxaro, elefante...) e a súa relativa personificación achegan o lector a unha tipoloxía que suaviza a tensión dramática na que o protagonista se ve involucrado, nunha maraña de claras referencias literarias e cinematográficas.

978-84-9871-210-0 
36 paxs.
Cartoné
25 x 23 cm 

Fonte:  OQO Editora 

Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger