E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 29 de maio de 2013

Dominicanas Somos - BANDA DESEÑADA

Dominicanas Somos
Enrique Mauricio
Carlos Taboada
Dominicanas somos nace da proposta que lle fai a oenegué ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz) no 2011 ó colectivo Polo Correo do Vento, para levar a cabo a realización dunha banda deseñada que amose a realidade da muller latinoamericana e máis concretamente, a da muller na República Dominicana, os seus problemas, inquedanzas, loitas e vitorias.

No 2012, Polo Correo do Vento, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, autores da colección do mesmo nome editada por Ed. Xerais de Galicia, viaxan á República Dominicana coa intención de  vivir de preto a cultura e a situación dominicanas. Nesta viaxe atoparán persoas marabillosas que lles axudarán no seu propósito e que lles ampliarán enormemente a súa visión desta realidade e doutras coas que non contaban.

Dominicanas somos é o resultado de todo isto. E dela e da experiencia, estamos moi orgullosos e agradecidos, polo que agardamos que vos guste e que consiga aportar un gran de area máis á loita polos ideais de igualdade, educación e liberdade que sinceramente compartimos.

Polo Correo do Vento.
Pontevedra, 2013

A obra foi editada pola Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPPL) no marco do proxecto"Mulleres en movemento"; financiada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, e contando co aopio das ONG's dominicanas: 'Tú, Mujer', MUDHA, IDAC, EEMUR e JACAREFE.

Podes descargar a obra no seguinte enlace: Dominicanas Somos

Grazas e Enrique Mauricio e a Carlos Taboada polo agasallo desta obra para os lectores de BIBLIOPAZOS.


Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger