martes, 28 de maio de 2013

Fin de poema - LITERATURA ADULTOS

Fin de poema
Coleción Medusa Narrativa

Obra gañadora da XIX edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta no ano 2012. 

Fin de poema afonda no derradeiro día de vida de Cesare Pavese, Anne Sexton, Gabriel Ferrater e Alejandra Pizarnik, tecendo un relato fragmentario e desordenado sobre as vidas dos catro poetas. As súas existencias acurraladas pola desesperación confiren unidade ao caos no que o autor organiza cada historia, ata compoñer un friso das pantasmas que roen a cada un dos protagonistas.

Todos levan algo dentro do que non conseguen fuxir. Lonxe de ser unha novela sobre o suicidio e a morte, Fin de poema é un relato sobre a fenda do poeta que un día fica en silencio, acabado, sen versos aos que agarrarse, e ese baleiro propicia a súa fin.

ISBN: 978-84-7824-634-2


Juan Tallón, xornalista e narrador ourensán, obtivo o Premio Lueiro Rey de Novela Curta, na súa XIX edición, que convoca e organiza o Concello de O Grove coa colaboración da Editorial Sotelo Blanco.

 

A novela de Juan Tallón "Fin de poema", foi galardonada por unanimidade dos membros do xurado presidido por Manuel Quintáns e formado por Ánxela Gracián, Armando Requeixo, Mario Regueira e Francisco Martínez Bouzas. Como Secretaria do xurado con voz mais sen voto, actuou a encargada da Casa da Cultura de O Grove, Marina Aguín.

Juan Tallón xa fora finalista na edición de 2010 por A pregunta perfecta (o caso Era-Bolaño).

O Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey é un galardón literario convocado polo Concello de O Grove dende 1992, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Un total de veinticinco obras se presentaron a esta XIX edición del concurso.

Faite socio de BIBILIOPAZOS e lévao para ler na túa casa

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger