Nas últimas horas publicouse oficialmente a versión 21 do navegador web Firefox, de xeito que xa podemos descargala en galego para Windows, OS X e Linux, que incorpora importantes novidades como a posibilidade de elixir entre 3 opcións distintas na configuración de Do Not Track ou Seguimento (dicirlle aos sitios que non quero ser seguido, dicirlle aos sitios que quere que me sigan e non informar aos sitios sobre as miñas preferencias de seguimento), poder remitir informes de saúde do navegador para axudar aos desenvolvedores a corrixir os seus fallos, suxire como mellorar o tempo de inicio da aplicación se é preciso e a unha ampliación do soporte de provedores da API Social de Firefox, de xeito que facilítase que as plataformas sociais en liña poidan integrarse no navegador como barras laterais ou mediante botóns de notificación na barra de ferramentas de Firefox.
As novas funcións de Firefox estreáronse o ano pasado con Facebook (que pode integrar o seu sistema de mensaxería no navegador), e agora inclúen tamén ás plataformas sociais Cliqz, Mixi (só dispoñible no Xapón) e msnNow, ás que agora pódese acceder aínda que estea a visitarse calquera outra páxina web.
Coa nova Social API de Firefox podemos compartir novas a través de MSN Now directamente dende o navegador. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.