O pasado sábado 26 de xaneiro botaba a andar no blog "Caderno da crítica" unha nova sección baixo o título de "Taboleiro do libro galego"; que, coa vontade inicial de manter unha periodicidade semanal, incorporará contidos vinculados coa comercialización e consumo do libro galego e para o que conto coa xenerosa e desinteresada colaboración dun grupo de librarías galegas das que se dará cumprida conta, localizadas en Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Allariz, Arteixo e Compostela; todas elas a converxer na relevancia que se lle debe outorgar á promoción e difusión do libro de noso. Mañá mesmo, nesta bitácora.
Fonte: cadernodacritica.blogaliza.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.