mércores, 6 de febreiro de 2013

A coroa de Napoleón - LITERATURA XUVENIL

A coroa de Napoleón
Santiago Jaureguizar
Ilustrador: José Matalobos
Colección: Un misterio para Tintimán
2ª Edición
Literatura Xuvenil
 
Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista.


Esta segunda entrega está ubicada na Coruña, cidade que asiste horrorizada a un incidente de consecuencias internacionais: desapareceu unha coroa de Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade para conmemorar o bicentenario da Batalla de Elviña.

A xoia debe aparecer inmediatamente e de xeito discreto para evitar un conflito diplomático. Soamente un reporteiro coa coraxe de Tintimán, axudado por Señor Grozni, o seu gato torto, e por Mónica, unha compañeira de clase que asegura ser a súa moza, poderá descubrir o acontecido.

15 x 22 cm
Cartonado
128 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-111-4
 

Fonte: Xerais 

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger