luns, 4 de febreiro de 2013

Contos de Monstros - LITERATURA INFANTIL


Ogros horribles! Bechos peludos e espantosos! Xoga e aprende a ler con estes divertidos e arrepiantes contos de monstros

Resumo

Este libro contén catro historias que tratan de terribles monstros, aínda que seguro que terminan ben, porque os monstros nunca gañan. Dragóns que se agochan no xardín, ogros que se atopan moi sos porque non paran de dicir palabrotas e arañas espaciais que comen a xente doutros mundos. No primeiro conto, unha profesora pídelles aos nenos que debuxen os monstros dos seus pesadelos para logo metelos nunha caixa, pero a caixa ábrese e os monstros escapan. E ademais dos monstros... unha morea de xogos!

Así empeza

-Collede unha folla de papel -dixo a mestra-, e debuxade o voso peor pesadelo... Entendestes ben: facede un debuxo do que vos poña máis medo. Todo o mundo se puxo a traballar.

Ficha bibliográfica

Título: Contos de monstros para ler, aprender e divertirse
Escritor: Michel Piquemal, Amélie Sarn
Ilustrador: Frédéric Pillot
Traductor: Lara Santos
Editorial: SM Xerme, 2008
Nº páx.: 120
ISBN: 978-84-9854-054-3
Xénero: Contos
Tema: Antoloxías de contos - Humor - Fantasía
Personaxes: Nenos protagonistas - Personaxes fantásticos - Nenos - Monstros - Ogros - - Dragóns
Este libro trata de: Medos - Lectura - Xogos - Libros-xogo - Bestiarios - Medo - Mundos fantásticos


FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger