luns, 4 de febreiro de 2013

PRORROGASE A 1ª CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, comunica que se prorroga a "1ª CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS" ata o día 30 de Abril de 2013.
 
Aínda non conseguimos o noso obxectivo de duplicar o número de socios, pero seguimos insistindo e para que os nosos veciños e veciñas se fagan socios da Biblioteca.
 
Recordamos que tanto a inscrición de socio como os servizos que prestaos son totalmente GRATUÍTOS.

Os interesados en facerse socios teñen que encher unha solicitude que se pode descargar AQUÍ ou conseguir nas oficinas da Biblioteca e nas do Concello. Unha vez cuberta pode entregarse na Biblioteca ou nas oficinas do Concello acompañada dunha fotocopia do DNI e unha fotografía pequena para facer o carné de socio da Biblioteca.
 
Os menores de 14 anos de idade deberán contar coa autorización do pai, da nai ou do titor por razóns de tipo legal. Así que xa sabedes, se tedes menos de 14 anos e queredes facervos socios dicirlles aos vosos maiores que os acompañen.

Desde BIBLIOPAZOS animámosvos a FACERVOS SOCIOS e a gozar deste interesante, necesario e básico servizo público gratuíto que pon á vosa disposición o Concello.
 
 
¡Huy! esquecíame recordar que todos aqueles que se FAGAN SOCIOS durante esta campaña recibirán un pequeno agasallo da Biblioteca “acorde á idade” ata fin de existencias, así que xa sabedes ¡Vinde pronto!
 
 A campaña prorrógase ata o 30 de Abril de 2013.
 
Descarga a túa solicitude facendo CLIC AQUÍ.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger