E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 25 de xaneiro de 2013

Xerais afianza a súa andaina no Kindle

Kindle, o lector de libros electrónicos de Amazon, unha das estrelas do Nadal en cuestión de agasallos para seareiros da lectura, comezou a súa andaina oficial cos nosos grandes selos de publicación. A editorial Xerais vén de lanzar os seus primeiros libros electrónicos para o devandito lector Kindle, entre os que se contan, por un custe que anda arredor dos 10 euros, Tonas de laranxa de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, ou Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz. Asemade, Galaxia achega xa Esperando ao leiteiro, de Xosé Neira Vilas.

Segundo informa o editor Manuel Bragado acerca desta aposta de Xerais, con estes lanzamentos en Kindle, iníciase "así en Xerais un catálogo literario electrónico, creado en formato e-pub, que será distribuido en diversas librarías dixitais (polo de agora en Amazon, axiña en Apple e Todoebbook) no que incluiremos de forma sistemática as novidades de Narrativa, Poesía e Ensaio, ao tempo que iremos recuperando algúns títulos esgotados en formato impreso".

A maiores, Xerais anuncia que prepara lanzar en formato dixital unha serie de volumes que xa estaban esgotados en formato tradicional.

luns 17 de decembro do 2012, por Redacción
Fonte: Código Cero

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger