E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 25 de xaneiro de 2013

Pel de Muller - LITERATURA ADULTOS

Pel de muller
Asun Estévez

1ª Edición, 2008
Editorial: Ir Indo
Poesía

Despois dalgúns anos, Ir Indo Edicións recupera a súa liña poética dando voz a unha nova creadora, Asun Estévez. Nos versos desta voz feminina, cheos de referencias aos distintos elementos da natureza, como o mar, a auga, o vento ou a chuvia, tamén está presente o “eu” poético, que acariña a presenza do amor personificado no tempo, na noite ou no silencio. A loita da alma por aferrarse á vida, na súa batalla contra a enfermidade, aparece narrada dunha forma anovadora, como a sombra dos primeiros aires do inverno na herba dos campos.

ISBN: 978-84-7680-628-9
Nº páxinas: 92
Encadernación: Tapa branda
Medidas: 13 x 20 cm
Idioma: Galego

Escoite poemas do libro pel de muller en mp3:
Arroupame
Daría o que non teño
Mar meu 

Tamén podes escoitar poemas de Asun Estévez neste video:

Polos carreiros é un poema que Asun Estévez adica ao seu irmán, no que nos relata parte da sua infancia, os sentimentos dunha cativa hacia o seu irman.
 

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger