venres, 25 de xaneiro de 2013

Ler cos teus fillos é divertido


A lectura non só proporciona información, senón que forma, educa. Un neno co hábito da lectura esta preparado para aprender por si mesmo toda a vida e resolver os diferentes problemas académicos e persoais que se lle presenten.

Ademais, a través da lectura, os nenos divírtense, gozan, entretéñense por que a lectura ábrelles a mente e estimula a imaxinación.

É necesario xerar maior conciencia no goberno, o sector privado e a sociedade civil, sobre a importancia e a transcendencia da lectura buscando con iso xerar políticas, programas, proxectos, accións e eventos encamiñados a fomentar cambio de hábitos e unha cultura de lectura.

  

A OCDE (1995) define a educación de calidade como aquela que "asegura a todos os mozos a adquisición dos coñecementos, capacidades, destrezas e actitudes necesarias para equipararles para a vida adulta."

 
 
A práctica da lectura desenvolve a capacidade de atención, observación, análise e reflexión, polo que coadyuva a mellorar o rendemento escolar dos estudantes.

 

O desenvolvemento da habilidade lectora é un dos elementos que permiten e facilitan a aprendizaxe durante toda a vida.

 

A través da lectura mellórase a calidade de vida, elévase a productivida e fórxanse competencias cidadás que contribúen ao desenvolvemento e crecemento dos pobos do mundo.

 Si quieres ver mas clica neste enlace: Diviértete leyendo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger