Colección: Memoralia
Editorial: Toxosoutos
Ensaio Biográfico
Pontevedra conta con dous factores vantaxosos para ser a patria de Cristovo Colón: que no século XV había veciños con este apelido, e que contaba con embarcacións que facían a ruta do norte ata Inglaterra e Flandes, e a do sur ata a illa de Sicilia. Barcos pontevedreses rexístranse nesta época en case todos os portos do Mediterráneo: Valencia, Barcelona, Xénova, Sicilia, Ibiza, Mallorca, Niza, Nápoles, Savona, Sardeña, Pisa, etc.
Neste libro publicado en 1914, Celso García de la Riega baseándose nos documentos descubertos ata entón nos que figura o apelido Colón, chega á conclusión de que o descubridor de América puido nacer en Pontevedra no ano 1436 ou 1437, e seren seus pais Domingo de Colón, O Mozo, e Susana Fonterosa.
ISBN: 978-84-96673-35-9
200 páx.
15 x 23,5 cm.
Fonte: Editorial Toxosoutos
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.