domingo, 20 de xaneiro de 2013

Baldras, o xigante - LECTURA INFANTIL

Baldras, o xigante
Iolanda Eiras
Ilustracións de Fran Bueno
Col. Merliño.
Ed. Xerais. Vigo, 2009

O día da festa na casa do avó de Simón apareceu á hora do xantar un home dacabalo dunha grande avestruz, con traxe e sombreiro, e sentou na cabeceira da mesa. O xigantón bebeu un vaso de viño e dixo que era o Chancho Colorao. Entón o pequeno Simón deulle unha puñada ao sombreiro, que deu unha reviravolta no ar e logo botouse a cantar, porque o avó de Simón dixo que era o sombreiro Chichiriteiro e saíu voando e cantando e Simón detrás del. Até que pousou no albo dun ciprés do cemiterio e pegou a tocar co con dunha fantástica trompeta sen trompeta, que lle dixo ao rapaz que se lle metera na cabeza pq fora moitos anos sombreiro dun trompetista, que un día o deixou abandonado nun gardarroupas e o CC, que pasaba por alí roubouno.

Conmovido, levouno Xulián para Vilapedra, onde todos os rapaces se fixeron amigos seus e a directora do coro pediulle que cantase nel, pois faltáballes unha voz como a súa. E dende entón Baldras, o xigante, quedou a vivir en Vilapedra para sempre.
 
O álbum acompáñase cun CD que contén o texto lido por rapaces con acompañamento musical.

36 páx.
18 x 20 cm.
ISBN    978-84-9782-977-9
Fonte: BLIX 

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger