venres, 17 de xaneiro de 2020

RUBICUNDO


RUBICUNDO
Autor: María Canosa
Ilustradora: Nuria Díaz
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade Recomendada: +9 anos

Cada noite Erea espertaba cun Chii-Chi-Chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír.

A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo.

Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comenzase a viaxe enriba da árbor do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era súa indumentaria, un gabán e un sobreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.

ISBN: 978-84-9914-821-2
Nº de páxinas: 85
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm


xoves, 16 de xaneiro de 2020

"NON HAI PLANETA B" - Accésit categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria

Relato galardoado cun Accésit da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"NON HAI PLANETA B" de NORAH LYNN CAMESELLE HARRIS - 9 anos - 4º de Primaria.
Habíase unha vez unha familia que lle daba todo igual, se tiñan un pañal sucio o tiraban ao xardín ou se tiñan unha bolsa de lixo chea, como non querían ir o contenedor a tirar a bolsa, pois ían ao bosque que estaba ao lado da súa casa e a deixaban alí.
Eran como unha llama escupindo todo o rato cando querían.
A familia era unha familia de catro, estaba o pai Jose, a nai Felicia, o neno de oito anos chamado Oliver e o bebé chamada Castaña.
Bueno, como dixen antes eran como unha llama.
Un día soleado, Oliver foi o colexio, a primeira hora fixeron mates e despois se foron o recreo. Máis tarde, uns abusóns que sempre se metían con él viñeron e lle tiraron unhas mondas de plátano a cara e Oliver enfadado e triste se foi a casa. Na casa quedouse na súa habitación pensando "se eu me sinto mal cando me tiran mondas de plátano na cara, ¿Cómo se sentirán as árbores e as plantas se lles tiran lixo? Bueno se sentirán peor ca min, seguramente".
Oliver planificou un discurso para explicarlle ao seu pai e a súa nai que era malo contaminar e que non había un planeta B e que tiñamos que coidar o noso planeta.
Ao día seguinte explicoulles aos seus pais que iso non podía ser, que contamináramos así.
E dende ese día nunca volveron a contaminar.

A CANCIÓN DO SOL


A CANCIÓN DO SOL
Autor: Estefanía Padullés
Edita: Hércules de Ediciones

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Perico é un galo que vive nunha granxa nas montañas. 

Sempre é o primeiro en espertar porque o seu traballo consiste en cantar unha canción para chamar polo Sol. 

Pero un día, Perico queda durmido e o Sol non sae.

Disposto a arranxar este problema, Perico emprende unha viaxe en barco de papel para buscar o Sol e cantarlle a súa canción.

Logrará atopalo? Conseguirá a canción de Perico que o Sol volva a saír?

ISBN: 978-84-944396-4-3
Nº de páxinas: 16
Encadernación: Tapa dura
Formato: 33 x 23,5 cm



mércores, 15 de xaneiro de 2020

"UNHA AVENTURA ESPACIAL" - Accésit categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría A: 3º e 4º de Primaria
Relato galardoado cun Accésit da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"UNHA AVENTURA ESPACIAL" de ÁNXELA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ - 9 anos - 4º de Primaria.
Érase unha vez unha alieníxena chamada Xela. O seu fogar era a lúa.
Como agasallo de cumpre de 8 anos os seus pais regaláronlle un viaxe ao planeta Terra. Tiveron que disfrazarse de humanos.
O motivo da viaxe era que Xela quería un can como mascota, e sabe que só os hai no planeta Terra.
Buscaron un refuxio de animais, alí había moitos cans e gatos que necesitaban un fogar e moito cariño. Xela quedou asombrada con todos os animais que había no refuxio.
Enamorouse de todos e non sabía cal escoller, pasaba o tempo e non se decidía. Hasta que un canciño arrimouse a ela, era de cor canela con unha doce vista que convenceu a Xela.
Ela gritou e dixo "Ese, quero ese". Colleuno no colo e non se separou máis de el.
Esta foi unha gran aventura para Xela que volveu feliz para o seu fogar.

EL RATONCITO PÉREZ


EL RATONCITO PÉREZ
Autora: Montserrat Balada Herrera
Ilustraciones: Julilustrador (José María Juli García)
Colección: Carambuco cuentos LSE

Género: Literatura infantil en castellano - Cuentos

Edad recomendada: +5 años

El ratoncito Pérez era muy feliz cuando hacía su trabajo. Noche tras noche salía de casa para ir a recoger los dientes de los niños y las niñas. ¡Hasta que un día apareció el ratoncito Giménez proclamándose el nuevo ratoncito de los dientes!

¡Qué lío!

¿Quién será el nuevo ratoncito de los dientes: Pérez o Giménez?

Cuento adaptado a la Lectura Fácil. Incluye los signos del texto en lengua de signos española y un enlace para descargar el cuento narrado en castellano oral y en lengua de signos (con la colaboración de la Fundación CNSE) y el vocabulario en signos.



CARAMBUCO CUENTOS es una colección de cuentos infantiles especial:

– El texto original va acompañado de una adaptación al sistema bimodal. Este sistema de comunicación utiliza conjuntamente los signos de la Lengua de Signos Española (LSE) y la estructura de la lengua oral. Consiste en utilizar un signo por cada palabra, haciendo el aprendizaje de la lengua oral más fácil.

– Incluye enlace de descarga del cuento (https://vimeo.com/185839966), elaborados y signados por lingüistas y especialista sordos de la Fundación CNSE para la Supresión de las Barreras de la Comunicación.

– Los cuentos Carambuco desde la publicación de su título número 17: El ratoncito Pérez, siguen las directrices de la Lectura Fácil.

Esta colección está dedicada a todos aquellos niños y niñas que encuentran en los cuentos una ilusión, un sueño o una aventura.


ISBN: 978-84-941225-8-3
Nº de páginas: [26]
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 29 cm


martes, 14 de xaneiro de 2020

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Información facilitada pola

Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG)

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO


No ano 2019 celebrouse o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia promoveu unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.

Coa colaboración da Xunta de Galicia, a plataforma ven de lanzar catro publicacións da CDN:

Nesta ligazón pódese atopar os protocolos facultativos asinados despois de 1989 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Máis información na web: https://infanciagalicia.org/

"UN CORAZÓN CON DOBRE VIDA" - 2º Premio Categoría B: 3º e 4º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria

Relato gañador do 2º Premio da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"UN CORAZÓN CON DOBRE VIDA" de MELISA BOUZA MÍGUEZ - 8 anos - 3º de Primaria.
Foron corenta e oito horas esperando a que reaccionase. Pasado ese tempo meu avó despertou dentro dunha incubadora xigante, onde só se podía ver detrás dun cristal.
Miña avoa a miña nai foron as primeiras en miralo, estaban moi felices.
Pasados trinta e catro días non podían creer que xa lle deran a alta.
Meu avó pensaba que a súa vida remataría con tan só cincuenta e catro anos e que se perdería moitos momentos importantes como conocer aos netos que somos o seu maior orgullo.
Foi tanta a nosa e a súa sorte que vinte e un anos despois ese corazón por segunda vez deixase de later.
Iso sí esta vez para sempre.

CADERNO DE LÚAS



CADERNO DE LÚAS
Autor: María Canosa
Ilustrador: Dani Padrón
Edita: Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Os cadernos gardan letras, números, palabras, contos, contas... Soños...

Para entrar nos tesouros que gardan, hai que abrilos e entrar neles. Só así poderemos chegar a descubrir desde unha fórmula máxica para atrapar meigas ata as distintas caras da Lúa.

Porque o satélite da Terra non sempre ten a mesma cara. Fixádevos ben!

ISBN: 978-84-945494-3-4
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 23,5


luns, 13 de xaneiro de 2020

"DINO E AS SOMBRAS"- 1º Premio da Categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"


Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria


Relato gañador do 1º Premio da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"DINO E AS SOMBRAS" de ROI MÍGUEZ COMESAÑA - 8 anos - 3º de Primaria.
Dino era un pequeno T-rex que vivía cos seus pais nunha cova escura. O pequeno T-rex tiña medo de todo pero sobre todo da escuridade.
Polas noites tiña moito medo e tapaba a cabeza.
Cando escoitaba un ruído asomábase a ver, e alí estaba, un monstro mirabao fixamente e volvíase a esconder. Un día asustouse tanbo que berrou ata que seu pai foi ver que pasaba.
-¿Por qué berras tanto? - preguntoulle.
-Porque teño medo.
-Eres un T-rex, o máis temido dos dinosaurios ¿De qué tes medo?
-De ese monstro que está ahí, creo que cando encendeches a luz se escondeu pero se a apagas seguro que volve.
-Os monstros non existen.
-Sí, sí, apaga a luz e verás.
Cando o pai apagou a luz deuse conta de que o que asustaba a Dino era a súa sombra.
-Ja, ja, ja. Mira ahora hai dous monstros.
O pai de Dino explicoulle que os seus monstros eran solo sombras.
Dende ese día Dino xa non tuvo máis medo á escuridade e xogaba co seu pai ás SOMBRAS.
Fin.

ACUARIO


ACUARIO
Autor: María Canosa
Ilustrador: Dani Padrón
Edita: Edicións Embora

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Esta é unha colección de poemas adicados aos animais do mundo submarino:

"Marta, Xoan
e os seus amigos
queren saber
do fondo marino.

Hoxe non poden
meterse no mar
por iso o acuario
terán que observar."

ISBN: 978-84-92644-44-5
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm



domingo, 12 de xaneiro de 2020

ACCÉSITS CATEGORIA A: 1º/2º PRIMARIA - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBOE´N

O pasado mércores 18 de decembro de 2019 tivo lugar no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén o acto de entrega de premios do "II CERTAME DE RELATO CURTO" de Pazos de Borbén organizado pola Concellería de Cultura do concello a través da Biblioteca Pública Municipal - BiblioPazos.

Tal e como estaba establecido nas Bases do certame toca publicar os traballos galardoados cos accésits e co 1º e 2º premio de cada categoría.

Agora continuamos a publicación dos relatos cos premiados con accésit:

ACCÉSITS Categoría A: 1º e 2º de Primaria

"O FANTASMA FELIZ" de Laura Domínguez Martínez - 7 anos - 2º de primaria.


Unha noite de Samaín o fantasma foi con seus amigos a unha casa encantada para asustar aos campistas.

Os campistas asustáronse tanto que foronse correndo máis que as súas vidas.

Depois foronse e a fantasma e os seus amigos foronse mais felices.

Fin.

"OS UNICORNIOS E AS SEREAS" de Nerea Fernández Muras - 7 anos - 2º de primaria.



Erase unha vez uns unicornios e sereas pequenas que vivían nas illas dos farallóns que estaban preto do porto pesqueiro de San Cibrao. As sereas encontrábanse todas as mañáns con unha nena chamada Iolanda.

Iolanda e as sereas ian a praia a montar sobre unhas taboas e poder deslizarse sobre as ondas do mar.

Os unicornios vixiaban de que Iolanda non caera o mar. Se a nena caera o mar os unicornios con seu corno recolliana e deixabana sobre a taboa.

Os unicornios con seu corno facia chicles de melón e sandia e fresa. As sereas convivían na illa dos farallóns cos tiburóns. Os tiburóns e as sereas comeron felizes e comeron perdizes.

Fin.

"O DINOSAURIO QUE TIÑA MEDO DAS PEDRAS" de Xián Boubeta Comesaña - 6 anos - 1º de Primaria.



Filip mirou o meteorito, logo unha pedra e gritou de medo.

Deuse conta de que estaba rodeado de pedras.

Intentaba fuxir, pero non tiña escapatoria.

Logo atopouse con Ivan e entendeu que as pedras non eran meteoritos.

Participantes e premiados Categoría A: 1º e 2º de Primaria

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger