O pasado mércores 18 de decembro de 2019 tivo lugar no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén o acto de entrega de premios do "II CERTAME DE RELATO CURTO" de Pazos de Borbén organizado pola Concellería de Cultura do concello a través da Biblioteca Pública Municipal - BiblioPazos.
Tal e como estaba establecido nas Bases do certame toca publicar os traballos galardoados cos accésits e co 1º e 2º premio de cada categoría.
Agora continuamos a publicación dos relatos cos premiados con accésit:
ACCÉSITS Categoría A: 1º e 2º de Primaria
"O FANTASMA FELIZ" de Laura Domínguez Martínez - 7 anos - 2º de primaria.
Unha noite de Samaín o fantasma foi con seus amigos a unha casa encantada para asustar aos campistas.
Os campistas asustáronse tanto que foronse correndo máis que as súas vidas.
Depois foronse e a fantasma e os seus amigos foronse mais felices.
Fin.
"OS UNICORNIOS E
AS SEREAS" de Nerea
Fernández Muras - 7 anos - 2º de primaria.
Erase unha vez uns unicornios e sereas pequenas que vivían nas illas dos farallóns que estaban preto do porto pesqueiro de San Cibrao. As sereas encontrábanse todas as mañáns con unha nena chamada Iolanda.
Iolanda e as sereas ian a praia a montar sobre unhas taboas e poder deslizarse sobre as ondas do mar.
Os unicornios vixiaban de que Iolanda non caera o mar. Se a nena caera o mar os unicornios con seu corno recolliana e deixabana sobre a taboa.
Os unicornios con seu corno facia chicles de melón e sandia e fresa. As sereas convivían na illa dos farallóns cos tiburóns. Os tiburóns e as sereas comeron felizes e comeron perdizes.
Fin.
"O DINOSAURIO QUE TIÑA MEDO DAS PEDRAS" de Xián Boubeta Comesaña - 6 anos - 1º de Primaria.
Filip mirou o meteorito, logo unha pedra e gritou de medo.
Deuse conta de que estaba rodeado de pedras.
Intentaba fuxir, pero non tiña escapatoria.
Logo atopouse con Ivan e entendeu que as pedras non eran meteoritos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.