venres, 17 de xaneiro de 2020

"O MUNDO FANTASÍA" - Accésit categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria
Relato galardoado cun Accésit da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"O MUNDO FANTASÍA" de ALBA ANDRÉS MÍGUEZ - 9 anos - 4º de Primaria.
Había unha vez un mundo chamado Unicorvilla que era amoroso, bonito e feliz. Nel vivían uns bonitos e brillantes unicornios que sempre estaban rindo e divirtíndose. O mais bromista era Mailiti.
Mailiti ademas de ser bromista tamén era agradecida, cariñosa, boa persoa, divertida e amante da natureza.
Un día Mailiti perdeu todas esas cousas.
Os seus mellores amigos eran Rainbow, Lili, Moi e Franki.
Raimbow era rosa e a súa melena era de cores, Lili era de cor moradiño e a súa melena era azul ceo; Moi era azul e de melena branca, Franki era amarelo claro e con melena verde e Mailiti era de unha cor branco brillante con unha melena púrpúra e todos era amigos inseparables.
Os demais unicornios notaban a Mailiti moi rara, pero era que Unicorvilla non era nada sen as risas e bromas de Mailiti.
Os seus amigos preguntáronlle que era o que lle quitara a súa alegría, pero ela non tiña ganas de falar diso. Eles coñecíana moi ben e decataronse de que non tiña o collar máxico que lle regalara sua nai. Plantearonse buscalo para atopar así todaslas cousas boas que perdera.
Empezaron a buscar polos arbustos, detrás das árbores e incluso dentro das cunas dos bebés unicornio pero non o atoparon. Entón intentaron facela rir eles mismos pero era imposible.
Mailiti cada día estaba máis triste. Pero un día en Unicorvilla pasou algo maravillosamente fascinante, Mailiti volvía a rir, fora dar un paseo polo arcoiris e collendo flores atopou o seu colgante máxico.
Todos estaban moi contentos de vela feliz de novo, e ela agradecida por canto se había preocupado usou o seu colgante máxico e fixo unha gran festa para todo Unicorvilla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger