Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria |
Relato gañador do 1º Premio da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.
"DINO E AS SOMBRAS" de ROI MÍGUEZ COMESAÑA - 8 anos - 3º de Primaria.
Dino era un pequeno T-rex que vivía cos seus pais nunha cova escura. O pequeno T-rex tiña medo de todo pero sobre todo da escuridade.
Polas noites tiña moito medo e tapaba a cabeza.
Cando escoitaba un ruído asomábase a ver, e alí estaba, un monstro mirabao fixamente e volvíase a esconder. Un día asustouse tanbo que berrou ata que seu pai foi ver que pasaba.
-¿Por qué berras tanto? - preguntoulle.
-Porque teño medo.
-Eres un T-rex, o máis temido dos dinosaurios ¿De qué tes medo?
-De ese monstro que está ahí, creo que cando encendeches a luz se escondeu pero se a apagas seguro que volve.
-Os monstros non existen.
-Sí, sí, apaga a luz e verás.
Cando o pai apagou a luz deuse conta de que o que asustaba a Dino era a súa sombra.
-Ja, ja, ja. Mira ahora hai dous monstros.
O pai de Dino explicoulle que os seus monstros eran solo sombras.
Dende ese día Dino xa non tuvo máis medo á escuridade e xogaba co seu pai ás SOMBRAS.
Fin.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.