mércores, 15 de xaneiro de 2020

"UNHA AVENTURA ESPACIAL" - Accésit categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría A: 3º e 4º de Primaria
Relato galardoado cun Accésit da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"UNHA AVENTURA ESPACIAL" de ÁNXELA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ - 9 anos - 4º de Primaria.
Érase unha vez unha alieníxena chamada Xela. O seu fogar era a lúa.
Como agasallo de cumpre de 8 anos os seus pais regaláronlle un viaxe ao planeta Terra. Tiveron que disfrazarse de humanos.
O motivo da viaxe era que Xela quería un can como mascota, e sabe que só os hai no planeta Terra.
Buscaron un refuxio de animais, alí había moitos cans e gatos que necesitaban un fogar e moito cariño. Xela quedou asombrada con todos os animais que había no refuxio.
Enamorouse de todos e non sabía cal escoller, pasaba o tempo e non se decidía. Hasta que un canciño arrimouse a ela, era de cor canela con unha doce vista que convenceu a Xela.
Ela gritou e dixo "Ese, quero ese". Colleuno no colo e non se separou máis de el.
Esta foi unha gran aventura para Xela que volveu feliz para o seu fogar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger