xoves, 22 de xaneiro de 2015

XV EDICIÓN DOS PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO E REDACCIÓN INFANTÍS

https://www.dropbox.com/s/f6dtgdi545ecxla/2015%20Premios%20Muralla%20de%20Lugo.jpg?dl=0

XV EDICIÓN DOS PREMIOS MURALLA DE LUGO
DE DEBUXO E REDACCIÓN INFANTÍS

Os premios son convocados pola Xunta de Galicia, o Excmo. Concello de Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela, Telelugo e o xornal El Progreso con motivo do aniversario da concesión do título de Patrimonio da Humanidade a favor do monumento.

BASES

Idade 

A idade máxima para participar é de 12 anos. 

Características dos traballos 

Debuxo: A lapis, bolígrafo, pluma, cera, rotulador ou similares. O formato non pode ser superior a 30x30 cm. 

Redacción: No debe superar os 3 folios (A4) escritos a man por unha soa cara. Pode ser escrito en castelán o galego. 

A temática 

Tanto do debuxo como da redacción debe referirse á Muralla romana de Lugo, á paz, á solidariedade e ao respecto ao medio ambiente ou todos aqueles valores que contribúan manifestamente á concordia, á convivencia e ao entendemento entre os pobos do mundo, sendo referencia obrigatoria a Muralla romana de Lugo.

O autor poderá presentar un máximo de 2 traballos por modalidade.

Deberá remitilos nun sobre cos seus datos persoais incluído o teléfono de contacto ao xornal El Progreso (Rúa Puro Cora 3, 27002, Lugo).

O prazo de presentación finalizará o 31 de marzo de 2015 e o xurado, formado por un representante de cada un dos convocantes, dará a coñecer o seu resultado nas páxinas de El Progreso.

O xurado non devolverá ningún dos traballos e estes poderán formar parte de suplementos, especiais, exposicións, etc. En todos os casos citarase aos autores dos traballos.

A presentación ao concurso supón a aceptación de toda as bases correspondendo ao xurado calquera interpretación das mesmas, así como decidir sobre calquera eventualidade non prevista na convocatoria. Esta decisión será inapelable.

https://www.dropbox.com/s/thlxdwzrq6eni1a/2015%20Premios%20Muralla%20de%20Lugo%20Folleto.jpg?dl=0

PREMIOS 

Redacción: 500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas. 

Debuxo: 500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas. 

Grupo de traballos: 2 premios de cadanseus equipos informáticos, un en cada categoría, para as aulas informáticas dos centros que presenten o mellor grupo de traballos, valorándose tanto a cantidade como a calidade do conxunto.

Mestres-titores: Establécense tamén 2 premios de cadansúas cámaras dixitais, un en cada categoría, para os mestres-titores de cada gañador.

Finalistas: O xurado elixirá ademais dos gañadores 5 premios finalistas en cada unha das categorías (redacción e debuxo) 

Diploma "Defensor da Muralla" a todos os participantes 

SOÑOS DE FÚTBOL EN BANGUI

Soños de fútbol en Bangui
Editorial Galaxia S.A., 2013
Colección Árbore

Idade recomendada: + 10 anos

Zangba ten 15 anos. Vive en Bangui, na República Centroafricana.

Xa hai tempo que deixou a escola, e aínda máis que é orfo. Para el, o seu único osíxeno é o fútbol. Mesmo sen calzado, mesmo co estómago baleiro, no terreo de xogo, vibra.

Os espectadores tamén, polo moito que o seu talento supera o dos demias. Sería unha excelente nova fichaxe para a selección de xuvenís que ten que defender as cores do país.

Pero como avantaxar os que teñen pais con moitos cartos e poder?.
 
Nº de páxinas: 116
Encadernación: Rústica
ISBN: 978-84-9865-483-7



mércores, 21 de xaneiro de 2015

EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA


Exhortación á desobediencia
Autor: Xosé Manuel Beiras
Edicións Laiovento S.L.
Colección: Ensaio nº 306

Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara á independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da "Declaración de Láncara", que Xosé Manuel Beiras debullaba ao recoller o Premio Ramón Piñeiro "Facer País" en outubro de 2005.

Dalgún xeito as súas palabras constituíron unha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compañía de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movemento sociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política, cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda.

Entre medias, unha crise sistémica como pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e de mercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel. Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, unha nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara a unha creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica.

Cómpre reclamarmos o imposíbel: "só é utópico aquilo que non se loita por acadar"

ISBN: 978-84-8487-235-1
Nº de páxinas:117
Formato: 14 x 21 cm


martes, 20 de xaneiro de 2015

XUVENTUDE PROMETE


Xuventude Promete é un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, que pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos mediante estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración, no albergue xuvenil Lug2, nos meses de febreiro e marzo.

Preténdese axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa.

Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade, creando un espazo cristalizador de vocacións.

O prazo de inscrición estará aberto do  15 de xaneiro ao 9 de febreiro.

Fonte: Xuventude.net

TODOS SOMOS

Todos somos 
Autor: Marcos Calveiro 
Edicións Xerais de Galicia S.A.
2ª edición, febreiro 2014 
Colección: Fóra de Xogo 
 
Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo.
 
As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo.
 
Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio.
 
Formato: 13 x 21 cm 
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 160
ISBN: 978-84-9914-536-5
 

luns, 19 de xaneiro de 2015

AS PALABRAS DO SILENCIO

As palabras do silencio
Ilustrador:Dani Padrón
Edicións Xerais de Galicia, 2013
Colección Merlín azul

Idade recomendada: + 7 anos

Este relato recrea a Noite de San Valentín chinesa, tamén coñecida como Qixi, A Noite dos Sete ou Festival da Pega, paxaro que a autora decidiu simbolizar na Rula, tan da nosa tradición amorosa.
 
Esa noite os namorados contemplan o ceo e falan de amor ao tempo que buscan as estrelas Vega e Altair, que representan os amantes desta antiga lenda da dinastía Han, na que se relata o amor entre a Princesa Tecedora, un ser máxico, e o Home das Vacas, tan só un humilde mortal.
 
Formato: 13,8 x 19 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 56
ISBN: 978-84-9914-490-0
 

domingo, 18 de xaneiro de 2015

ENDOGAMIA 0.2

Endogamia 0.2
Ilustrador:Manuel Busto
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Fóra de Xogo

Literatura Xuvenil

Nas súas vacacións en Bangladesh, o xornalista audiovisual Eduardo Morán conseguiu facerse coas impactantes imaxes do suplicio ao que foi sometida unha rapaza de catorce anos condenada por un tribunal local islámico.
 
Tras o terremoto e o accidente da central nuclear, que provocou centos de mortos, no pavillón de Ivate amoréanse un millar de refuxiados que intentan protexerse dos efectos do escape radioactivo.
 
Des que Gustavo foi diagnosticado de «deterioración neuronal progresiva», a súa dona, Carme, e o resto da súa familia viven en vilo. U-los remedios contra o mal de Alzheimer?
 
Como xa fixera en Exogamia 0.3, Ramón Caride reúne relatos, non estritamente literarios, sobre problemas decisivos para a humanidade ante os que ninguén pode quedar alleo: a violencia sobre as mulleres, a enerxía nuclear, a doenza do Alzheimer e a investigación médico-farmacéutica.
 
Formato: 13 x 21 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 112
ISBN: 978-84-9914-494-8
 

sábado, 17 de xaneiro de 2015

NÍCOMEDES O PELADO

Nicomedes o pelado
Textos e ilustracións: Pinto & Chinto 
Kalakandra Editora, 2013
Colección MareMar
 
Idade recomendada: + 5 anos
 
Premio The White Ravens (Alemaña) - 2014
 
A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada. Pero Nicomedes, que non ten nin un pelo de tonto, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie.
 
A grandes males, grandes remedios.
 
Nº de páxinas: 48
Formato: 16,5 x 30 cm.
ISBN: 978-84-8464-697-6

venres, 16 de xaneiro de 2015

ÁMOTE LEO A. - DESTINO XALUNDES

Ámote Leo A. Destino Xalundes
Autora: Rosa Aneiros 
Edicións Xerais de Galicia S.A.
2ª edición, maio 2014
Coleción: Milmanda
 
2ª Edición - Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014
 
Catro amigos e unha gran viaxe.
 
Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa.
 
A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos.
 
Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona?
 
Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.
 
Formato:14,5 x 21,5 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 312
ISBN: 978-84-9914-558-7
 

xoves, 15 de xaneiro de 2015

A BURRA RAMONA

A burra Ramona
Autora. Paula Carballeira Cabana
Ilustracións: Xosé Tomás Díaz Teijo
Baía Edicións, 2013
 
Idade recomendada: +6 anos
 
A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar.
 
A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei.
 
ISBN 978-84-9995-080-8
Nº de páxinas: 42
Encadernación: Cartoné
Formato: 20 x 15 cm

mércores, 14 de xaneiro de 2015

MANIFIESTO DE LA IFLA SOBRE INTERNET 2014

Hoy compartimos con vosotros este interesante artículo que publicaron los compañeros de Huelvatecas, el Blog independiente, para que los profesionales de las bibliotecas públicas de Huelva, y de cualquier otro lugar, estén al día. 

Manifiesto de la IFLA sobre Internet 2014

internet manifiestoLa IFLA (Federación Internacional de Asociaciones de Bibliotecarios y Bibliotecas) es la más importante representación internacional de los intereses de los servicios bibliotecarios y de infomación y de sus usuarios. IFLA fue una de las primeras organizaciones no comerciales ni gubernamentales en apoyar la causa bibliotecaria. Su función primordial es promover el entendimiento, cooperación, discusión, investigación y desarrollo de todoslos aspectos de la actividad bibliotecaria y compartir sus hallazgos con toda la comunidad bibliotecaria en el mundo. 

En agosto de 2014, la Junta de Gobierno de la IFLA aprobó la nueva versión del Manifiesto de Internet, que actualiza el texto  que se difundiera en el 2002. 

El Manifiesto destaca el rol y la importancia de las bibliotecas y los servicios de información y de Internet. Además, afirma el valor de la libertad de acceso a la información y la libertad de expresión, independientemente del formato y las fronteras, como una responsabilidad primordial de los bibliotecarios y documentalistas. 

La IFLA insta a las bibliotecas y a los servicios de información para trabajar con los estados, gobiernos o instituciones religiosas o de la sociedad civil, para desarrollar políticas y planes estratégicos que apoyen y apliquen los principios expuestos en este manifiesto, mediante el desarrollo del acceso público a Internet en las bibliotecas y en los servicios de información en todo el mundo, y especialmente en los países en desarrollo. 

A continuación está recogido el texto del Manifiesto de IFLA sobre Internet traducido oficialmente en español.

El Manifiesto de la IFLA sobre Internet
(versión del 2014)

Icons111 Las bibliotecas, los servicios de información e Internet

1.1 Las bibliotecas y los servicios de información son instituciones dinámicas que conectan a las personas con recursos locales y globales de información. Proporcionan acceso a ideas y obras creativas, así como ponen la riqueza de la expresión humana y la diversidad cultural a disposición de todos. 

1.2 Internet permite a los individuos y comunidades en todo el mundo, ya sea en los pueblos más pequeños y remotos o las grandes ciudades, tener mayor equidad de acceso a la información para apoyar el desarrollo personal, la educación, el enriquecimiento cultural, la actividad económica, el acceso al gobierno y otros servicios, la participación informada en sociedades democráticas como ciudadanos activos. Al mismo tiempo, Internet les da a todos la oportunidad de compartir sus ideas, intereses y cultura con el resto del mundo. 

1.3 Las bibliotecas y los servicios de información deben ser puentes esenciales a Internet, sus recursos y servicios. Actúan como puntos de acceso que ofrecen comodidad, orientación y apoyo, mientras ayudan a superar las barreras creadas por las desigualdades de recursos, tecnología y habilidades. 

2 Las libertades de acceso a la información y de expresión son esenciales para la igualdad, el entendimiento global y la paz. Por lo tanto, la IFLA declara que:

2.1 Las libertades de acceso a la información y de expresión, sin importar formatos ni fronteras, son una responsabilidad primordial de la profesión bibliotecológica y de la información. 

2.2 El suministro de acceso sin restricciones a Internet por parte de las bibliotecas y los servicios de información constituye un elemento vital de los derechos al libre acceso a la información y de expresión, y apoya a las comunidades e individuos a conseguir libertad, prosperidad y desarrollo. 

2.3 El acceso a Internet y todos sus recursos debe ser coherente con la Declaración Universal de Derechos Humanos de las Naciones Unidas, en especial con el artículo 19: 

Todo individuo tiene derecho a la libertad de opinión y de expresión; este derecho incluye el de no ser molestado a causa de sus opiniones, el de investigar y recibir informaciones y opiniones, y el de difundirlas, sin limitación de fronteras, por cualquier medio de expresión. 

2.4 Deben eliminarse las barreras al flujo de circulación de información, especialmente aquellas que impidan a los individuos aprovechar las oportunidades que mejorarían su calidad de vida y puedan derivar en desigualdad y pobreza. Internet abierto es esencial, y el acceso a la información y la libertad de expresión no deben estar sujetos a ningún tipo de censura ideológica, política o religiosa, ni barreras económicas o tecnológicas. 

3 La función y responsabilidades de las bibliotecas y los servicios de información

3.1 Las bibliotecas y los servicios de información desempeñan un papel vital al garantizar el acceso libre a la información y la libertad de expresión, y tienen la responsabilidad de:
  • Servir a todos los miembros de sus comunidades, sin importar la edad, origen étnico, nacionalidad, religión, cultura, ideología política, capacidades físicas o intelectuales, género u orientación sexual o cualquier otra condición.
  • Proporcionar acceso a Internet en un ambiente apropiado a todos los usuarios.
  • Apoyar a los usuarios, considerando a niños y jóvenes, a asegurarse que tengan las competencias de alfabetización mediática e informacional que necesitan para utilizar de modo libre, confidencial e independiente los recursos de información que elijan.
  • Apoyar el derecho de los usuarios a buscar y compartir información.
  • Esforzarse por garantizar la privacidad de los usuarios y que continúen siendo confidenciales las fuentes y servicios que utilicen.
  • Facilitar y promover la creatividad intelectual, cultural y económica a través del acceso a Internet, sus recursos y servicios.
3.2 Al igual que otros servicios primordiales, el acceso a Internet y tecnologías relacionadas debe proporcionarse sin costo en las bibliotecas. 

4 Aplicación del Manifiesto

4.1 La IFLA alienta a todos los gobiernos a apoyar el libre flujo de circulación de información accesible en Internet y la libertad de expresión para garantizar apertura y transparencia al oponerse a intentos de censurar o inhibir el acceso, y garantizar que se pueda demostrar que la vigilancia y la recogida de datos sean legales, necesarias y proporcionales. 

4.2 La IFLA hace un llamamiento a las bibliotecas y los servicios de información a trabajar con los estados, gobiernos o instituciones religiosas o de la sociedad civil para formular políticas y planes estratégicos que apoyen y pongan en práctica los principios expresados en éste Manifiesto a través del establecimiento de acceso público a Internet en las bibliotecas de todo el mundo, especialmente en los países en vías de desarrollo. 

Fuente:  Huelvatecas

DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE

Desde unha estrela distante
Ilustrador: David Pintor 
Edicións Xerais de Galicia
Colección Sopa de Libros 

Idade recomendada: + 8 anos 

Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade.

Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre!

Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes?

Formato: 13 x 20 cm 
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 168
ISBN: 978-84-9914-492-4

martes, 13 de xaneiro de 2015

UN DÍA EN ASPAVI

Ola amigos e amigas de Bibliopazos.

Hoxe presentámosvos un COMIC que o noso amigo Francisco Martín Muñoz "Curro" creou para publicar no noso blog.

Para ver mellor fai clic nas imaxes.
 



Un gran traballo de Curro.

Esperamos que vos guste.

Unha forte aperta a todos e, en especial aos nosos amigos de ASPAVI que traballan moi duro todos os días para a súa integración na sociedade e no mundo laboral.

O MISTERIO DO LIXO MUTANTE

O misterio do lixo mutante
Autor: Carlos Freire Cordeiro
Ilustradores: Alfonso Martínez e Pedro Pablo Moreno
Rinoceronte Editora SLU
Sushi Books, 2013

Idade recomendada: + 12 anos

Catro gatos da rúa, Fiz, Carlocho, Felisa e Nébedo atopan entre restos de comida unha botella cuns extraños xeroglíficos.

A curiosidade por coñecer o autor da misteriosa mensaxe levaraos a vivir múltiples aventuras, escoitar historias entretidas e a descubrir os segredos do mundo da reciclaxe.

Un libro para xogar e aprender.

Formato: 21 x 14 cm
Nº de páxinas: 79
ISBN: 978-84-15920-02-1


luns, 12 de xaneiro de 2015

OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ

Os Megatoxos e os Templarios da Luz
Autor e ilustrador:Anxo Fariña Temprano
Edicións Xerais de Galicia S.A.
1ª edición: xullo 2013
Colección: Megatoxos 

Idade recomendada: + 12 anos

A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes.

O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos.

Para complicar máis a súa situación, no medio dunha competición de snowboard descubrirán que teñen máis en común cos xemelgos, Exeria e Ezbel, do que lles gustaría.

Veranse obrigados a viaxar ao pasado, á cidade de París no medio da Revolución industrial, onde coñecerán o poder dos Templarios da Luz.

E alí terán que facer fronte á terrible decisión: escoller entre a vida dun ser querido ou a dunha cidade enteira...
 
Ti que escollerías? 

Formato:15 x 21,5 cm 
Encadernación: Cartonado 
Nº de páxinas: 192 
ISBN: 978-84-9914-533-4


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger