Amosando publicacións coa etiqueta Axudas e subvencións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Axudas e subvencións. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2015

TÍCKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA - 1º SEMESTRE DE 2015


A Consellería de Economía e Industria, concede axudas para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do Tícket Eléctrico Social de Galicia ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).


Esta nova convocatoria mellora as súas prestacións pasando de 90 a 180 euros anuais para as familias con dous o menos fillos ao seu cargo; e de 120 a 300 euros no caso das familias numerosas. Ademais, a convocatoria será compatible coa percepción da RISGA, incrementando os potenciais beneficiarios ata os 40.000 fogares. Para acadar estas cifras, a Consellería de Economía e Industria incrementa un 25% o orzamento sumando 1,5 millóns. A orde terá unha duración dun ano comprendendo o segundo semestre do exercicio xa rematado e os primeiros seis meses desta anualidade.

Así mesmo, e coa finalidade de facilitar a solicitude do tícket, que será por vía telemática, simplifícanse os trámites administrativos e refórzanse as vías de tramitación para que sexa máis áxil e sinxelo o seu requirimento. As persoas interesadas poderán dirixirse ás oficinas de calquera das xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, así como á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para que lle tramiten a solicitude. 

O tícket, cuxa contía se suma ao bono social do Goberno central, permitirá incrementar os beneficios que este supón, xerando de modo conxunto aforros de ata un 50% no recibo eléctrico dos favorecidos, que desta volta serán aquelas familias galegas con fillos menores de idade ao seu cargo e cuxos ingresos non superen en 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). 


O prazo de presentación de solicitudes para as axudas ao pagamento das facturas eléctricas do primeiro semestre de 2015 comezará o 1 de xullo de 2015 e rematará o 15 de setembro de 2015.


MAIS INFORMACIÓN

Na Dirección Xeral de Enerxía e Minas e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es

b) Os seguintes teléfonos: 
A Coruña: 981 184 995 e 981 184 936.
Santiago: 981 957 185 e 981 545 553.
Lugo: 982 294 975 e 982 294 670. 
Ourense: 988 386 710.
Pontevedra: 986 805 213 e 986 805 222.
Vigo: 986 817 561, 986 817 822 e 986 817 764.


c) O enderezo de correo electrónico: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es

d) Presencialmente nas oficinas da Consellería de Economía e Industria.

xoves, 26 de marzo de 2015

AXUDAS PARA REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS DE EDIFICACIÓNS DE VIVIENDA EXISTENTES 2015

Dende o Concello nos envían a seguinte información que coidamos será do voso interese: 

AXUDA PARA REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS DE EDIFICACIÓNS DE VIVIENDA EXISTENTES 2015
da Consellería de Economía e Industria


Obxecto: Fomentar a rehabilitación con granito de fachadas de edificacións de vivienda existentes en réxime de concorrencia non competitiva. 

Prazo de presentación de solicitudes: Comezará o día seguinte da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará aos tres meses do día seguinte da publicación da presente orde.

Beneficiarios: Particulares e comunidades de propietarios. 

Contía das axudas:
  • 110€ po metro cuadrado no caso de fachadas pegadas de granito.
  • 140€ por metro cuadrado no caso de fachadas trasventiladas de granito.
  • 130€ por metro cuadrado no caso de fachadas de perpiaño de granito.
 
Máis información:

Oficina de Orientación ao Emprego e Desenvolvemento local do Concello de Pazos de Borbén, de luns a venres en horario de 9:00h a 14:00h.

AXUDAS PARA RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA 2015

Dende o Concello nos envía a seguinte información que coidamos será do voso interese:

AXUDAS  PARA RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA 2015

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia publicou no D.O.G. nº 50 de 13/03/2015 a seguinte:


Obxecto: Fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica, en réxime de concorrencia non competitiva, e dicir, ata esgotarse o fondos. 



Prazo de solicitude: Comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará aos tres meses do día seguinte á publicación da presente orde. 

Beneficiarios: Particulares e comunidades de propietarios. 

Contía das axudas: O custo subvencionable máximo é de 55€ por metro cuadrado de cuberta. A Contía máxima da subvención será do 30% dos custos totais. 

Máis información: 

Oficina de Orientación ao Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Pazos de Borbén, de luns a venres en horario de 9:00h a 14:00h.


    mércores, 25 de febreiro de 2015

    Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para o ano 2015

    Da oficina dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello nos envían a seguinte información:


    PERSOAS BENEFICIARIAS:
    • Persoas que teñas ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 02/01/2012 e o 01/01/2015, ambolos dous incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2013 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
    REQUISITOS:
    • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma Galega.
    • Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
    CONTÍA DA AXUDA: 
    • A contía da prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
    -Cando sexa a primeira filla ou fillo:                             360 €
    -Cando sexa a segunda filla ou fillo:                           1.200 €
    -Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos:    2.400 €
    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
    • Ata o 14 de marzo de 2015
    MÁIS INFORMACIÓN nas oficinas dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Pazos de Borbén os luns, mércores e xoves no horario de atención ao público.
     

    mércores, 4 de febreiro de 2015

    AXUDAS EMERXENCIA SOCIAL

    Dende o departamento de Servizos Sociais do Concello envíannos esta información que esperamos sexa do voso interese.

    Finaliza o prazo de solicitude o próximo luns día 16 de Febreiro.

    martes, 20 de xaneiro de 2015

    XUVENTUDE PROMETE


    Xuventude Promete é un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, que pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos mediante estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración, no albergue xuvenil Lug2, nos meses de febreiro e marzo.

    Preténdese axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa.

    Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade, creando un espazo cristalizador de vocacións.

    O prazo de inscrición estará aberto do  15 de xaneiro ao 9 de febreiro.

    Fonte: Xuventude.net

    martes, 25 de novembro de 2014

    martes, 10 de xuño de 2014

    AXUDAS LIBROS DE TEXTO CURSO 2014/15


    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ven de publicar o pasado día 30 de maio no Diario Oficial de Galicia a


    REQUISITOS PARA SOLICITALAS
    • Ser pai, nai ou titor/a legal do alumnado anteriormente referido. Tamén terá dereito á axuda o alumnado que repita 1º ou 2º de primaria.
    • Non estar incurso en prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións de Galicia.
    • Para o alumnado de educación primaria e eso, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000€.
    • Non estar matriculado en 5º de educación primaria nalgún dos centros seleccionados para o proxecto experimental Educación dixital durante o curso 2014/15.
    SOLICITUDES
    • Poden presentarse, en soporte papel, preferentemente no centro onde está matriculado o/a alumno/a ou en calquera lugar habilitado para isto, utilizando o modelo normalizado dispoñible en https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou en http://www.edu.xunta.es.
    • De se enviar por correo, deberá ser certificado e co selo de Correos na primeira folla do formulario.
    • Presentarase unha solicitude por alumno/a.
    • As axudas serán solicitadas por pais, nais ou titor/a legal e só se concederá unha por alumno/a e curso escolar. Se o alumno ou alumna ten previsto mudar centro durante o curso escolar, a solicitude terá que presentala no centro de orixe.
    PRAZOS DE PRESENTACIÓN
    • Educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo, ambos inclusive.
    • Alumnos/as de eso que presenten a solicitude no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 25 de xullo, ambos inclusive.
    • Alumnos/as de eso que presenten a solicitude no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro, ambos inclusive.
    • Para as novas incorporacións que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivese matriculado nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.
    • En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.
    CONTÍA DAS AXUDAS 

    Educación primaria (Familias monoparentais):
    • Renda per cápita familiar ata 6000 €: 170 €
    • Renda per cápita familiar desde 6000,01 a 9000: 90 €
    Educación Primaria (Resto das familias):
    • Renda per cápita familiar ata 5400 €: 170 €
    • Renda per cápita familiar desde 5400,01 € a 9000 €: 90 €
    Educación Secundaria Obrigatoria (Familias monoparentais):
    • Renda per cápita familiar ata 6000 €: 180 €
    • Renda per cápita familiar desde 6000,01 € a 9000 €: 104 €
    Educación Secundaria Obrigatoria (Resto das familias):
    • Renda per cápita familiar ata 5400 €: 180€
    • Renda per cápita familiar desde 5400,01 € a 9000 €: 104 €

    Se nunha unidade familiar houber varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido nesta convocatoria.

    Educación Especial:
     
    O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de 
    educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, que solicitude a axuda e que cumpra os requisitos desta orde, recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.

    Os menores que se encontren en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima correspondente ao ensino e curso en que estean matriculados e non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel da renda. 

    Para MÁIS INFORMACIÓN contacte con seu centro educativo. 

    Si no centro educativo no pudiesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:

    981 546 521 - 881 997 385

    981 547 301 - 981 546 516

    981 546 523


    venres, 21 de marzo de 2014

    Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para o ano 2014

    Da oficina dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello nos envían a seguinte información:


    De seguido detallamos un breve resumo desta ORDE:

    PERSOAS BENEFICIARIAS:
    • Persoas que teñas ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 02/01/2011 e o 01/01/2014, ambolos dous incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2012 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
    REQUISITOS:
    • Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma Galega.
    • Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
    • Que por razón dos ingresos obtivos durante o 2012, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
    CONTÍA DA AXUDA: 
    • A contía da prestación consistirá nun pagamento único de 360,00 € por cada un dos fillos.
    PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
    • Ata o 26 de abril de 2014 
    Podes descargar a túa solicitude facendo clic AQUÍ.

    MÁIS INFORMACIÓN nas oficinas dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Pazos de Borbén os luns, mércores e xoves no horario de atención ao público.


     

    BUSCAR NO BLOG


    gadgets para blogger