A Consellería de Economía e Industria, concede axudas para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do Tícket Eléctrico Social de Galicia ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
Estas axudas publicáronse no D.O.G. número 43 do 4 de marzo de 2015 publica a "ORDE do 23 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo semestre do 2014 e primeiro semestre do 2015, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento IN414A)."
Esta nova convocatoria mellora as súas prestacións pasando de
90 a 180 euros anuais para as familias con dous o menos fillos ao seu
cargo; e de 120 a 300 euros no caso das familias numerosas. Ademais, a convocatoria será compatible coa percepción da RISGA,
incrementando os potenciais beneficiarios ata os 40.000 fogares. Para
acadar estas cifras, a Consellería de Economía e Industria incrementa un
25% o orzamento sumando 1,5 millóns. A orde terá unha duración dun ano
comprendendo o segundo semestre do exercicio xa rematado e os primeiros
seis meses desta anualidade.
Así mesmo, e coa finalidade de facilitar a solicitude do tícket, que será por vía telemática, simplifícanse os trámites administrativos e refórzanse as vías de tramitación para que sexa máis áxil e sinxelo o seu requirimento. As persoas interesadas poderán dirixirse ás oficinas de calquera das xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, así como á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para que lle tramiten a solicitude.
O tícket, cuxa contía se suma ao bono social do Goberno central, permitirá incrementar os beneficios que este supón, xerando de modo conxunto aforros de ata un 50% no recibo eléctrico dos favorecidos, que desta volta serán aquelas familias galegas con fillos menores de idade ao seu cargo e cuxos ingresos non superen en 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
O prazo de presentación de solicitudes para as axudas ao pagamento das facturas eléctricas do primeiro semestre de 2015 comezará o 1 de xullo de 2015 e rematará o 15 de setembro de 2015.
MAIS INFORMACIÓN
Na Dirección Xeral de Enerxía e Minas e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es
b) Os seguintes teléfonos:
A Coruña: 981 184 995 e 981 184 936.
Santiago: 981 957 185 e 981 545 553.
Lugo: 982 294 975 e 982 294 670.
Ourense: 988 386 710.
Pontevedra: 986 805 213 e 986 805 222.
Vigo: 986 817 561, 986 817 822 e 986 817 764.
d) Presencialmente nas oficinas da Consellería de Economía e Industria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.