martes, 10 de xuño de 2014

AXUDAS LIBROS DE TEXTO CURSO 2014/15


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ven de publicar o pasado día 30 de maio no Diario Oficial de Galicia a


REQUISITOS PARA SOLICITALAS
  • Ser pai, nai ou titor/a legal do alumnado anteriormente referido. Tamén terá dereito á axuda o alumnado que repita 1º ou 2º de primaria.
  • Non estar incurso en prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións de Galicia.
  • Para o alumnado de educación primaria e eso, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000€.
  • Non estar matriculado en 5º de educación primaria nalgún dos centros seleccionados para o proxecto experimental Educación dixital durante o curso 2014/15.
SOLICITUDES
  • Poden presentarse, en soporte papel, preferentemente no centro onde está matriculado o/a alumno/a ou en calquera lugar habilitado para isto, utilizando o modelo normalizado dispoñible en https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou en http://www.edu.xunta.es.
  • De se enviar por correo, deberá ser certificado e co selo de Correos na primeira folla do formulario.
  • Presentarase unha solicitude por alumno/a.
  • As axudas serán solicitadas por pais, nais ou titor/a legal e só se concederá unha por alumno/a e curso escolar. Se o alumno ou alumna ten previsto mudar centro durante o curso escolar, a solicitude terá que presentala no centro de orixe.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN
  • Educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo, ambos inclusive.
  • Alumnos/as de eso que presenten a solicitude no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 25 de xullo, ambos inclusive.
  • Alumnos/as de eso que presenten a solicitude no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro, ambos inclusive.
  • Para as novas incorporacións que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivese matriculado nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.
  • En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.
CONTÍA DAS AXUDAS 

Educación primaria (Familias monoparentais):
  • Renda per cápita familiar ata 6000 €: 170 €
  • Renda per cápita familiar desde 6000,01 a 9000: 90 €
Educación Primaria (Resto das familias):
  • Renda per cápita familiar ata 5400 €: 170 €
  • Renda per cápita familiar desde 5400,01 € a 9000 €: 90 €
Educación Secundaria Obrigatoria (Familias monoparentais):
  • Renda per cápita familiar ata 6000 €: 180 €
  • Renda per cápita familiar desde 6000,01 € a 9000 €: 104 €
Educación Secundaria Obrigatoria (Resto das familias):
  • Renda per cápita familiar ata 5400 €: 180€
  • Renda per cápita familiar desde 5400,01 € a 9000 €: 104 €

Se nunha unidade familiar houber varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido nesta convocatoria.

Educación Especial:
 
O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de 
educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, que solicitude a axuda e que cumpra os requisitos desta orde, recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.

Os menores que se encontren en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima correspondente ao ensino e curso en que estean matriculados e non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel da renda. 

Para MÁIS INFORMACIÓN contacte con seu centro educativo. 

Si no centro educativo no pudiesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:

981 546 521 - 881 997 385

981 547 301 - 981 546 516

981 546 523


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger