O pasado Xoves 5 de Xuño dende ás 11:00 horas tivemos con nos Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS a actividade de animación á lectura "A CIENCIA É DIVERTIDA" con Ana Romero Porto "Nita".
Participaron case 50 alumnos de Educación Infantil do Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos.
A 1ª sesión foi de 11:00 a 12:00 horas cos alumnos de 3/4 anos; e a 2ª sesión de 13:00 a 14:00 horas cos alumnos de 5/6 anos.
Misturando a ciencia e a narración de varios contos foron realizándose varios experimentos con utensilios da vida cotiá, moi sinxelos, que serviron para fomentar a aprendizaxe mediante a manipulación e a observación.

Os asistentes quedaron asombrados vendo como se inchaba un globo sen aire, cómo se enchía un vaso de auga e ao poñerlle unha carta facendo de tapón a auga non caía, como a partir duns escarbadentes se formaban estrelas...
Este foi o resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.