xoves, 17 de xaneiro de 2019

FOLLAS DE CARBALLO


FOLLAS DE CARBALLO 
Autores: Xurxo Borrazás, Fernando Cabeza Quiles, Xurxo Chapela, Rosalía Fernández Rial, Farruco Graña, Henrique Mariño, Ignacio Silva
Edita: A.C. Lumieira

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Un libro de autoría múltipla como este presenta a vantaxe da súa variedade, que nos permite confrontarmos estilos e temáticas diferentes, con historias ambientadas en épocas que van desde o recuado período medieval á actualidade, pasando polo século XVIII, nas cales están presentes os motivos habituais na vida e na literatura: amor, erotismo, morte, saudade, loita, memoria, música, etc.

Na maior parte delas latexa a presenza da Galiza como espazo en que transcorren os feitos narrados, mais tamén a xeografía bergantiña serve de marco espacial, como non podía ser menos, para as aventuras dunhas personaxes que se moven por Carballo, Malpica, Razo, Baldaio ou Caión, entre outras localidades tan características e definidoras do ser e da esencia bergantiáns. Sen faltares, claro está, outros espazos de contraste - Terra de Fóra, París- que precisamente veñen a reforzar a centralidade do noso país nestes relatos, entre os cales hai, con todo, algún que sitúa os feitos en Madrid ou noutro espazo xeográfico indeterminado.

É a lingua, de todos os xeitos, a que marca a galeguidade dos textos recompilados neste volume e a que os insire nun sistema literario galego cada vez máis consolidado e firme, ao cal viñeron contribuíndo de forma destacada os escritores bergantiñáns e hoxe contribúen de xeito singular os autores e a autora desdes relatos.

ISBN: 978-84-615-5182-8
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 20,5 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger