martes, 15 de xaneiro de 2019

A MALDICIÓN DOS VELASCO


A MALDICIÓN DOS VELASCO
Autores: Fausto, Méndez & Malvar
Edita: Tren Caixa Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Comic

Simón Martel viaxa a Sintra para participar nun certame xuvenil galego-portugués de relatos de misterio. O xurado está formado por catro das mentes criminalistas máis brillantes do mundo: o detective San Espada; Edgardo Alén Pose, famoso pola aplicación dos seus coñecementos no campo extrasensorial á persecución do delicto; Servando Holmos e o comisario Pereira.
Participantes e xurados hospédanse na atmosfera misteriosa da Quinta dos Velasco. O misterio e a intriga inician a súa andaina.

ISBN: 84-89231-69-9
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 29,5 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger