Convocado o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas
Como un máis dos actos que a EGAP organiza para honrar as letras galegas e a Antón Fraguas Fraguas convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
Participantes: poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
Contido: os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.
Premios: en cada categoría existirán tres premios en metálico coa seguinte dotación económica:
Categorías | De 9 a 11 anos | De 12 a 14 anos |
1º premio | 250 euros | 250 euros |
2º premio | 200 euros | 200 euros |
3º premio | 150 euros | 150 euros |
Presentación de solicitudes: presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (PR775A). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo: desde o 12 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2019.
Máis información no DOG do 11 do xaneiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.