Relato titulado "A meiga Maruxa e o esquelete Manolo" de Paula Pérez Mouriño - 11 anos - 6º de primaria.
Galardoado cun accésit na categoría C: 5º e 6º de Primaria.
Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura e varios membros do xurado do certame |
Nun lugar moi lonxano, na mansión da meiga Maruxa pasou esta historia.
Unha mañá, a meiga escoitou un aterrador e terrorífico ruído que viña do sótano. A meiga foi baixando cara el. Cada vez escoitaba máis ruído. Acercouse á habitación, abriu a porta e, de súpeto, apareceu un esquelete.
Intentouna asustar pero a meiga lanzou un feitizo e conxelou ao esquelete. A meiga colleuno e levouno a unha cova moi lonxana. Desconxelouno e o esquelete espertou tiritando de frío. Díxolle:
- Agora vas a vivir aquí.
O que non sabía a meiga, era que había máis esqueletes no seu sótano. Como non atopaban ao seu amigo, foron a buscalo. Finalmente chegaron ata a cova, e cando o atoparon loitaron contra a meiga e liberaron ao seu amigo.
A meiga enfadouse, pero logo falou con eles para chegar a un acordo. Enterraron o machete de guerra, e desde aquel día poideron vivir xuntos na mansión cunha soa condición: Que non lle volveran a dar nunca xamais un susto.
Pero non creades que aquí acaba a historia!!!
Desde ese día, todas as noites de Samaín, tanto a meiga como todos os esqueletes, saen a darlle sustos terroríficos aos neóns.
Que os creíades?
FIN.
FIN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.