E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 1 de xaneiro de 2018

VOLTA, REVOLTA E REVIRA VOLTA

VOLTA, REVOLTA E REVIRA VOLTA 
As Maimiñas 
Ilustracións: Patricia Castelao 
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Sonárbore 

Xénero: Musica - Poesía - Libro CD

Idade Recomendada: A partir de 6 anos 

Acompáñanos nesta Volta, Revolta e Reviravolta chea de ritmos e melodías, onde os protagonistas sodes vós: os nenos e nenas! 

As Maimiñas son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, ou o que é o mesmo, Mai e Miña.

Son dúas mosenses que un día, para celebrar a Semana da Familia nos coles dos seus fillos, decidiron actuar para eles. Foi entón cando decidiron facer o que querían que visen os seus nenos: un espectáculo de música e contos nos que eles puideran participar activamente.

Así, no mes de abril de 2011 naceron As Maimiñas. Dende entón, e case sen decatarse, algo que comezou como un xogo, converteuse en parte da súa vida profesional. As súas aventuras téñenas levado ata o de agora por auditorios, asociacións e moitos coles de toda Galicia. 

"Unha viaxe polo mundo" foi o seu primeiro traballo publicado e con el ven cumprido un dos seus soños. 

Agora desde BiblioPazos convidámos a gozar deste seu segundo traballo, así que xa sabedes a cantar e bailar... 

ISBN: 978-84-9151-044-4 
Nº de páxinas: 28 
Encadernación: Tapa dura 
Formato: 24,5 x 21,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger