E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 6 de xaneiro de 2018

COSTA DO SOLPOR


COSTA DO SOLPOR
O regreso da Illa do Tesouro
Autor: Xosé Mª Lema
Ilustracións: Antonio Seijas
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Fóra de Xogo 

Xénero: Literatura Xuvenil Galega- Narrativa 

Un traductor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de Bristol da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro.Unha violenta tormenta obrigou á goleta a atracar nunha baía da galega Costa do Solpor.

Un espía da Confraría da Man Morta, decatándose  da importancia da carga do barco inglés, marcha á Coruña para dar aviso ó capitán dun bergantín pirata fondeado nese porto. Só se salvará Jim Hawkins, un grumete que logra chegar á costa a nado. Os piratas perseguirano, pero o rapaz farase amigo dun mozo e moza galegos, o Chavián e Mariña, que tratarán de salvar a goleta e mailos seus tripulantes...

Unha gran novela de aventuras ambientada no século XVIII na cidade da Coruña, que empeza onde remata a Illa do Tesouro. A homenaxe galega a grande obra stevensoniana.

ISBN: 978-84-9121-219-5
Nº de páxinas: 433
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger