venres, 5 de xaneiro de 2018

O LIBRO DOS MEDOS


O LIBRO DOS MEDOS
Autora: Maria Canosa Blanco
Ilustradora: Olaya Naveira Souto
Ediciones Bolanda S. L. 

Xénero:  Literatura infantil Galega - Poesía 

Idade recomendada: A partir de 6 anos

Este novo título da escritora María Canosa destinado ao público infantil e xuvenil afonda nos medos "que non o son", os medos que ameazan o sono da infancia e que a autora vai desmontando con intelixencia e rimas fáciles capaces de converter o máis terrorífico pesadelo infantil nun agarimoso soño. 

O libro dos medos, que recibiu unha mención no VII Premio Arume de Poesía para nenos no ano 2013, é o segundo título de María Canosa que publica Bolanda Ediciones, tras a novela Non é París. 

Con el a autora pretende escorrentar os principais temores infantís ao ritmo de poemas divertidos e moi doados de ler, mesmo polos propios interesados, que poderán espantar os medos por si mesmos conxurando estes fermosos versos ao tempo que gozan das belidas ilustracións que acompañan cada poesía, obra de novo da sensacional Olaya Naveira.

ISBN: 978-84-617-4510-4
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 27,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger