As bibliotecas da contorna de Redondela levan a cabo a súa primeira colaboración no ámbito da animación á lectura.
A contacontos
granadina Ruth Galindo, percorrerá varias localidades con “Los cuentos de ITí”,
grazas a unha iniciativa da Biblioteca de Pazos de Borbén.
Ben coñecido é xa o
papel que nas bibliotecas da nosa contorna teñen as actividades de animación
lectora. As bibliotecas municipais de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén
ofrecen con regularidade espectáculos de narración oral para os cativos/as,
pero tamén outro tipo de propostas dinamizadoras, coas que ademais de promover
as gañas de ler, dan valor a estes centros como lugares para a aprendizaxe, a
diversión e o encontro.
A realización
destas actividades supón sempre un esforzo por parte destas bibliotecas, na
xestión e, tamén no que toca aos orzamentos. Nos últimos anos o financiamento
dende a Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do programa Ler conta moito,
leva axudado a achegar a estes centros a recoñecidos artistas, creadores e
animadores do panorama galego.
Fóra das nosas
fronteiras, contactar con outros artistas, creadores e comunicadores é máis
difícil para bibliotecas de poboacións pequenas. Porén, a iniciativa da
Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén para coordinar a todos os centros
bibliotecarios, dará como resultado a primeira colaboración conxunta para a
animación lectora das bibliotecas desta contorna. Así, atravesando de Sur a
Norte a Península Ibérica, contaremos para a vindeira semana, nas nosas
bibliotecas, cunha excepcional contadora proveniente de Granada: Ruth Galindo.
Ruth Galindo, granadina de nacemento, é Directora da Biblioteca de Híjar (Las Gabias, Granada). Dita biblioteca está irmandada con México e Costa Rica, entre moitas outras, e ven de ser galardoada en multitude de ocasións polo Ministerio de Cultura grazas á súa intensa actividade en prol da animación lectora. Doutra banda a nosa contadora tamén é Xerente de "Los niñ@s de las Estrellas", unha Asociación Cultural na que non faltan animacións como: contacontos, cantacontos, monicreques, cantaxogos e unha infinidade de espectáculos para todos os públicos.
Da inmersión desta
traballadora na animación cultural naceron "Los cuentos de ITí”, unha
marioneta que conquistará o corazón dos pequenos/as da casa e que, agardamos,
terá moito éxito na súa posta en marcha nas bibliotecas da nosa área
intermunicipal. “Los cuentos de ITí” de Ruth Galindo foron editados en formato
libro no ano 2014, na colección infantil “Caramelo”
de “Ediciones Dauro”, e ilustrados por
Ágata Lech
Zobczak.
As datas das súas actuacións serán as seguintes:
Martes 6 de xuño
18:30 horas
Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela
“Los cuentos de ITí”
Mércores 7 de xuño
Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela
“Los cuentos de ITí”
Mércores 7 de xuño
13:00
Biblioteca de Pazos de Borbén
“Los cuentos de ITí”
18:30
Biblioteca de Pazos de Borbén
“Los cuentos de ITí”
18:30
Biblioteca ALM de
Chapela
“Los cuentos de ITí”
Xoves 8 de xuño
“Los cuentos de ITí”
Xoves 8 de xuño
17:00
Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior
“Los cuentos de ITí”
Venres 9 de xuño
Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior
“Los cuentos de ITí”
Venres 9 de xuño
13:00
Auditorio Concello de Pazos de Borbén
Auditorio Concello de Pazos de Borbén
“Cantacontos”
Sábado 10 de xuño
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.