Caos ou aproveitamento multifuncional?
Autores: Alberte Blanco Casal (Coord.); Xosé Carballido Presas; Ana I. García Arias; Tereixa Paz Franco; Bernardo Valdês Paços
Sermos Galiza S.A., 2017
Xénero: Literatura galega - Ensaio
Os indicadores sociais, económicos e demográficos que hoxe temos na Galiza rural non son consecuencia dunha fatalidade histórica.
Xénero: Literatura galega - Ensaio
Os indicadores sociais, económicos e demográficos que hoxe temos na Galiza rural non son consecuencia dunha fatalidade histórica.
A orixe da situación actual de desarticulación do tecido agrario galego tería a súa orixe en políticas e decisións tomadas, varias décadas atrás, para propiciar man de obra barata con que industrializar outros territorios de estado e de Europa, ou para explotar as nosas materias primas, enerxía e recursos naturais.
O deseño forestal que está producindo unha presenza esmagadora do eucalipto nos nosos montes, mesmo co impulso da súa presenza en terras agrarias, os aproveitamentos hidroeléctricos dos vales máis relevantes, a industrialización de enclave sen pechar os ciclos produtivos, son algúns exemplos que teñen moito que ver coa realidade actual do noso país.
Neste libro falamos desta situación, das políticas e estratexias que fixeron do monte galego ese lugar, en gran medida caótico e subdesenvolvido, espello do abandono e atraso do medio rural galego.
Ademais, facemos repaso das políticas executadas durante o goberno galego bipartito (2005-2009) e atrevémonos a enunciar algunhas medidas cara o futuro.
ISBN: 978-84-617-9938-1
Nº de páxinas: 172
Encadernación: Rústica
Formato: 15,5 x 23 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.