Dende a Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén a través de BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do concello, queremos informarvos das actividades culturais e educativas de animación á lectura que temos preparadas para os próximos días e coas que queremos rematar este 1º semestre do ano.
Ata hoxe xa levamos feitas 8 actividades patrocinadas pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través dos seus programas PONTEGAL e LER CONTA MOITO, respectivamente, ademáis da exposición bibliográfica realizada coa colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso cunha afluencia de público de máis de 300 persoas, na súa maioría alumnos do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira e da Asociación ASPAVI.
Ata hoxe xa levamos feitas 8 actividades patrocinadas pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través dos seus programas PONTEGAL e LER CONTA MOITO, respectivamente, ademáis da exposición bibliográfica realizada coa colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso cunha afluencia de público de máis de 300 persoas, na súa maioría alumnos do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira e da Asociación ASPAVI.
Mañá Mércores, 31 de mayo, na Sala de Lectura ás 13:00 horas tócalle o turno á contacontos asturiana OLGA CUERVO co seu espectáculo "¿QUIERES QUE TE LO CUENTE OTRA VEZ?".
E para rematar o semestre temos un montón de actividades moi interesantes coas que imos recibir ao verán e finalizar o curso coa axuda da lectura, a natureza, a música e os contos.
E para rematar o semestre temos un montón de actividades moi interesantes coas que imos recibir ao verán e finalizar o curso coa axuda da lectura, a natureza, a música e os contos.
Luns,
5 de xuño
Visitará a
Biblioteca sobre as 12:45 horas a autora viguesa LEDICIA COSTAS, unha das nosas grandes escritoras
que foi galardoada, entre outros moitos, co Premio Nacional de Literatura
Infantil e Xuvenil 2015 pola súa obra “Escarlatina, a cociñeira
defunta”. Recibirémola coas brazos abertos acompañados dos usuarios da Asociación
ASPAVI que asisten habitualmente ás clases de informática na biblioteca e
dos alumnos de 6º de primaria do CPI de Pazos para falar e comentar a
súa obra literaria “Escarlatina, a cociñeira defunta” e algunha
outra máis se nos da tempo, xa que non imos deixar de probar algunhas as
receitas do inframundo que Escarlatina e Román nos invitan a facer durante a
lectura do libro e que foron elaboradas polos asistentes.
Queremos agradecer
a Edicións Xerais de Galicia as facilidades para que esta visita de LEDICIA
COSTAS a Pazos de Borbén se fixera realidade.
Martes, 6 de xuño
Pola mañá cedo iniciamos o programa “CONTOS NA NATUREZA” cunha andaina polo Monte Galleiro na parroquia de Nespereira cos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Percorreremos unha pequena zona deste paraíso natural do noso concello cunha guía que nos irá explicando as curiosidades sobre a flora e a fauna da zona. Durante o percorrido haberá tempo de facer unha pausa para o bocata e para atender á contadora de contos RAQUEL QUEIZÁS que nos contará historias e lendas tradicionais do seu espectáculo “ROMARÍA” que nos achegarán ao mundo rural e antigo, para descubrirnos un modo de vida descoñecido. Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.
Mércores, 7 de xuño
Na Sala de Lectura ás 13:00 horas, e desde Híjar-Las Gabias (Granada) virá a acompañarnos ese día a contacontos andaluza RUTH GALINDO co seu espectáculo “LOS CUENTOS DE ITí”. ITí é unha fermosa criatura que veu desde un universo afastado. Todos os seres fantásticos da terra chamárona para que nos ensinase aos humanos as marabillas do noso máxico planeta. ITí descubrirache nos seus contos o seu mundo de ilusión e os fascinantes personaxes que nel habitan. Esperamos que nos acompañen os alumnos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da EEI “A Galeriña” de Nespereira. Esta actividade pode realizarse grazas á colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso.
Venres, 9 de xuño
Novamente contaremos coa presenza, este vez no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, da contacontos andaluza RUTH GALINDO que desde Híjar-Las Gabias (Granada) traerános o seu espectáculo “CANTACUENTOS”. Contos divertidos para cantar e bailar nos que algunhas marionetas sairán ao escenario e se divertiran contigo. Están convidados a acompañarnos ese día os alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da EEI “A Galeriña” de Nespereira. Esta actividade está patrocinada integramente polo Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura.
Martes, 13 de xuño
Cediño pola mañá continuamos co programa “CONTOS NA NATUREZA” e desta vez imos camiñar pola Senda da Levada de Casqueiros na parroquia de Borbén cos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Percorreremos esta senda acompañados do noso veciño e presidente da Comunidade de Montes de Borbén Antonio Fernández Costas xunto cou algunhas persoas máis da directiva que nos irán comentando como foi recuperada esta senda para uso e disfrute da veciñanza e as características da mesma. Nesta ocasión Carmiña, meiga e menciñeira, alén de poetisa que vive entre fentos e carballos, cada vez que aparece alguén na senda, fai un alto para preguntarlle “BOTAMOS UN CONTO NO CAMIÑO?”. Un espectáculo de narración oral da contadora de contos CRISTINA COLLAZO. Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.
Mércores, 14 de xuño
E para finalizar o semestre celebraremos ás 13:00 horas a chegada do solsticio de verán e o fin do curso escolar no Auditorio do Concello con FRANCISCO CERDEIRA "PAKOLAS" coa actividade de dinamización con música, teatro e danza "AS PARÁBOLAS DE PAKOLAS". Un espectáculo no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música xirando en torno ao rock e mais estilos que entusiasman aos nenos e nenas. Combínanse as cancións coas historias que nelas se recollen, cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar. Para este día invitaremos aos alumnos de Primaria e Educación Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e tamén aos da EEI "A Galeriña" de Nespereira. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO que patrocina a Xunta de Galicia.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.