martes, 30 de maio de 2017

CAMIÑO PERIGOSO

CAMIÑO PERIGOSO
Autora: Ánxela Loureiro
Ilustrador: Juan Carlos Abraldes
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Merlín - De 11 anos en diante

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Finalista do premio Merlín, 2002

Os tempos eran difíciles e máis para unha rapaza de trece anos que ten que coidar dos seus irmáns pequenos, xa que os seus pais desapareceron.

A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos.

A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura.

Camiño perigoso é unha novela de aventuras onde a acción, o drama, o amor e os toques humorísticos se mesturan nun relato que achega á vez claves de carácter histórico.

ISBN: 978-84-8302-894-8
Formato: 13,5 x 19 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío 
Nº de páxinas: 160


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger