luns, 23 de xaneiro de 2017

SERÁ CORRECTO?


SERÁ CORRECTO?
A guía de protocolo máis divertida e sinxela 
para maiores e pequenos
Autor: Concha Blanco e María Canosa                       

Ilustracións: Paula Mayor                 
Hercules de Ediciones, 2016

Xénero: Ciencias Sociais - Folclore

Idade recomendada: +5 anos

Teño que erguerme cando me presentan a alguén?
Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo?
Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo?
Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa?

Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Será correcto? unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que seguramente axudará a sacar ao lector de mais dun apuro.

Será correcto? está pensado para que o consulten adultos, pais, docentes... pois a falta de bos modais é motivo de preocupación para eles. Pero tamén está orientado aos nenos, xa que temos claro que é mellor aprender bos modais de pequenos.

Será correcto? non é un libro típico de protocolo, nin polo contido -non esperedes atopar aquí como debemos vestirnos para a alfombra vermella-, nin polo seu deseño, con desenfadadas ilustracións que nos invitan a achegarnos ao mundo dos bos modais dun xeito divertido.

ISBN: 978-84-944396-6-7
Nº de páxinas: 87
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger