O LOBO E A LÚA
Autor: Andrea Bayer Lloves
Ilustracións: Chus Ferrín
Baía Edicións, 2015
Colección: Barriga Verde
Autor: Andrea Bayer Lloves
Ilustracións: Chus Ferrín
Baía Edicións, 2015
Colección: Barriga Verde
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Teatro
Idade recomendada: +6 anos
O lobo e a lúa é a obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (infantil) 2014.
Un lobo ouvéalle á lúa para que esperte. Ten algo moi importante que lle dicir. Dous animais pídenlle que cale. Temen que os ouveos esperten un gato rabudo que vive mesmo nese lugar. A insistencia do lobo fai que os animais fuxan buscando acubillo. Que quererá contarlle o lobo á lúa? Conseguirá o seu propósito sen que o gato esperte e o escorrente?
Entre outras consideracións, o tribunal puxo en valor que a obra tece unha trama clara e atraente, adaptando claves de intriga e suspense ao imaxinario dos máis pequenos. Os desexos, os conflitos e as emocións presentadas resultan facilmente recoñecibles e contribúen harmonicamente á evolución do drama.
Nº de páginas: 35
Encuadernación: Tapa dura
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.