HORARIOS DE VISITA
Luns a Venres de 09:00 a 14:00
horas
Sábados de 09:00 a 13:00 horas
Coa apertura o pasado día 16 de xaneiro dunha Exposición Bibliográfica sobre o autor “Richard Scarry” iniciamos as actividades de animación á lectura para este ano 2017.
Esta actividade supón o pistoletazo de saída das actividades que temos previsto realizar para este ano que acabamos de empezar en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso para desenrolar conxuntamente actividades de carácter formativo, educativo, culturais e sociais dirixidas a tódolos públicos.
A exposición estará aberta ao público do 16 de xaneiro ata o día 17 de marzo de 2017, e poderá ser visitada gratuitamente no horario de apertura habitual da biblioteca.
Richard McClure Scarry (Boston, 5 de xuño de 1919 – Gstaad - Suíza, 30 de abril de 1994), foi un popular autor e ilustrador americano de contos infantís. Publicou máis de 300 álbums, e vendeu en vida máis de 100 millóns de exemplares en todo o mundo, sobre todo ata finais de 1980. Especializouse en álbums ilustrados dirixidos a nenos de ata 6 ou 7 anos de idade, cunha clara intención pedagóxica, nos que utilizaba animais humanizados, compoñía pequenas enciclopedias sobre oficios, máquinas da vida cotiá, países, e os seus costumes, letras e números.
As súas obras aínda son reeditadas aínda que con algunhas omisións en canto aos roles sexuais dalgúns personaxes femininos ou a trazos doutras culturas que se consideraban politicamente incorrectos.
En España foron adaptados e publicados por Editorial Muíño, Plaza y Janés, Bruguera, Lúa Rising, SM, Susaeta, Kókinos e Lata de Sal.
Para visitas colectivas prégase contacten coa Biblioteca no teléfono e/ou correo electrónico seguintes:
INFORMACIÓN
Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS"
Teléfono: 986 497 273
Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS"
Teléfono: 986 497 273
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.