E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 29 de xaneiro de 2017

INVENTARIO ILUSTRADO DE INSECTOS


INVENTARIO ILUSTRADO DE INSECTOS
Autor: Virginie Aladjidi
Ilustracións: Emmanuelle Tchoukrie             

Traducción: Fernando Moreiras
Editorial: Factoría K de libros


Xénero: Ciencias Puras - Zooloxía

Idade recomendada: +6 anos

“Inventario ilustrado de insectos” reúne 65 especies de insectos de procedencia europea e do resto do mundo: coleópteros, lepidópteros, dípteros, himenópteros, isópteros...

Só os artrópodos xa representan máis do 80% dos animais que habitan no planeta. Os científicos, que teñen catalogado un millón de tipos de insectos, calculan que a cifra real  está entre os cinco e os dez millóns de especies. Con todo, son criaturas moi útiles, posto que colaboran na polinización das flores e son o sustento doutros animais. 

As ilustracións deste libro son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas nos cadernos de campo de antano: perfís feitos con rotulador e con tinta chinesa, e acuarelas que favorecen o xogo de cores e as transparencias.

Un libro atractivo non só pola vistosa representación gráfica dos insectos, senón polos contidos técnicos-asequibles e informativos sobre a súa anatomía, hábitat, alimentación, curiosidades relacionadas coa captación dos sentidos e das imaxes, ou o desenvolvemento fisiolóxico dos que experimentan a metamorfose.

ISBN: 978-84-15250-91-3
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger