TERRA CHA
Autor: Manuel María
La voz de Galicia, 2002
Colección: Biblioteca Galega 120
Xénero: Literatura Galega - Poesía
Terra Cha, é sen dúbida un dos seus libros máis intensos e logrados, un sentido canto ós eidos da súa pequena patria luguesa onde os homes, a paisaxe, a palabra, o mundo todo acada unha dimensión íntima e poderosa.
Manuel María é unha das voces poéticas máis representativas das xeracións de postguerra. É unha das máis fecundas, pois ensaiou os rexistros máis variados: a poesía social, a poesía paisaxística, a poesía de escarnio, a imprecatoria relixiosa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.