O pasado mes de abril a Presidenta da Fundación Filomena Rivero Alonso Dª
Gracia María Regojo Bacardí e o Alcalde do concello de Pazos de Borbén D.
Andrés Iglesias Rodríguez asinaban un convenio de colaboración entre ámbalas
dúas institucións co obxecto de desenrolar conxuntamente actividades de
carácter formativo, educativo, culturais e sociais dirixidas a tódolos públicos.
Grazas á sinatura deste convenio organizáronse diversas actividades de animación á lectura que terán lugar no último trimestre deste ano 2016 na Sala
de Lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS”:
-Do 3 de outubro ao 9 de decembro
de 2016, EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA “MAURICE SENDAK” que poderá ser visitada gratuitamente no horario de
apertura habitual da biblioteca.
-O Día 9
de novembro, Mércores, ás 11:00 horas da mañá está prevista
a primeira visita de escolares á Exposición
bibliográfica “Maurice Sendak”, que realizarán os alumnos de 1º de
primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos cos que se levará a cabo un
obradoiro dedicado á obra do autor homenaxeado na exposición.
-O Día 9 de novembro, Mércores, ás 13:00 horas, a contadora de
historias Patricia Martínez de EDUVIA ofrecerá o seu espectáculo
“Contacontos Dadá o Duende”, unha sesión
chea de contos amenos adaptados ás idades dos asistentes que lles irá relatando
un duende chamado “Dadá” co
obxectivo de fomentar o hábito lector, á vez que se tratan valores como a
igualdade e a convivencia. Participarán nesta actividade uns 50 alumnos de 5º e
6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
-O Día 10 de Novembro, Xoves, a partir das 11:00
horas, Ana Romero Porto “NITA” traerá o seu espectáculo “A ciencia é divertida” para conmemorar a Semana Internacional da Ciencia e
a Paz - Día Mundial da Ciencia que se celebra en todo o
mundo ese mesmo día.
En dúas sesións, a primeira de 11:00 a
12:00 horas acudirán os rapaces de 1º de primaria, e de 12:30 a
13:30 os escolares de 2º de primaria do Colexio Público Integrado “Curros
Enríquez” de Pazos. 35 nenos e nenas gozando dos contos e da ciencia.
Nos primeiros anos de vida movémonos pola
curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos
e as nenas aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa
vida e os nenos e as nenas aínda o están descubrindo. Deixémoslles
experimentar!
-O Día 19 de Decembro, Luns, a partir das 13:00
horas, GENMA PARDO, Gema, gemola a contadora de contos que máis mola,
ofreceranos o seu espectáculo “Zampulladas: come
de todo menos trapalladas” co que celebraremos
a declaración pola Asemblea
Xeral da ONU do ano 2016 como “Ano
internacional das legumes”, e na que se designou á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación
e a Agricultura (FAO) para que facilite a celebración deste evento co
que se propón sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais
dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a
lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.
Asistirán uns 48 nenos e nenas de 3º e 4º curso de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Asistirán uns 48 nenos e nenas de 3º e 4º curso de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Nestas actividades está prevista a participación de máis de 150 escolares de tódalas idades.
INFORMACIÓN
Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS"
Teléfono: 986 497 273
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.