MAÑÁ EMPEZAMOS
CO
1º CICLO DE TRADICIÓN ORAL
CO
1º CICLO DE TRADICIÓN ORAL
PAROLEIROS CON RETRANCA
"FALAR POR FALAR"
-NOVEMBRO 2016-
Tódolos Venres
Tódolos Venres
no
Auditorio do Concello
de
Pazos de Borbén
O Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura e da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS" celebrará o Mes da Tradición Oral durante
tódolos venres do mes de novembro con varias actuacións a cargo dalgúns
dos mellores contadores de historias de Galicia, unha actividade
patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Paula Carballeira, Santi Prego, Celso Fdez. Sanmartín e Charo Pita son os escollidos para esta 1ª edición coa que se pretende homenaxear ás nosas tradicións a través de historias contadas oralmente que farán que a imaxinación de mozos e adultos viaxe a través dos contos de sempre que nos contaban os nosos antergos: lendas tradicionais de arrepío, de medo, de morte, de erotismo, de alegrías, de penas, de ricos, de pobres, de animais..., co obxectivo de espertar a imaxinación e a emotividade con estas historias que nos conectarán cos nosos avós e tataravós e con aqueles lonxanos tempos nos que... había moito conto.

A inauguración deste 1º CICLO será o día 4 de novembro ás 20:00 horas co espectáculo "Os contos que non me contaron", un feixe de contos de todo o mundo que aínda non escoitaches, e que agora terás a oportunidade de facelo da boca de Paula Carballeira.
O 11 de novembro ás 20:00 horas terá lugar a actuación de Santi Prego con "O teatro maís pequeno do mundo"
ofreceranos un repertorio de contos e historias con participación,
contos literarios e contos tradicionais galegos, cunha forma de contar
moi visual do narrador, algúns toques de maxia, poesía e comicidade
sutil.
O día 18 de novembro ás 13:00 horas teremos con nos a Celso Fdez. Sanmartín co seu espectáculo "Contos que non falten", un repertorio composto por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea, na que temos arte e parte, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre. E cun toque contemporáneo, para apalparlles que tamén son actuais.
Para pechar o 1º Ciclo de Tradición Oral, o día 25 de novembro ás 20:00 horas Charo Pita ofrecerános unha serie de relatos de tradición oral e da súa propia autoría co espectáculo "Contos de amor, erotismo e morte". A ollada, o silencio e, como non?, a palabra son os protagonistas destas historias que van dende a creación do mundo ata a morte perfilada dende o seu lado máis tenro, máis cómico, máis vital, máis erótico.

Actividades patrocinadas pola
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO
ESPERÁMOSVOS, NON FALTEDES!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.