xoves, 27 de outubro de 2016

XA VOOOOU!


XA VOOOOU!
Autor: Susana Peix
Ilustracións: Romina Martí
Editorial: Bululú, 2016

 Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

 Idade recomendada: +4 anos

Suit é un peixiño como calquera outro: vive no fondo do océano, nada moi rápido... Pero ten un pequeno problema : é moi despistado.

Cando lle piden que faga algunha cousa sempre responde Xa voou! pero entretense e olvídaselle.

O luns, martes, o mércores... cada día da semana alguén se enfada con el polo seu despiste, ata que Dora, a súa mellor amiga , decide regalarlle un caderno para que apunte todo e non esqueza nada...

A historia desenvólvese ao longo da semana e alterna o texto de cada un dos días cunha dobre páxina con texto reiterativo.

A idade á que se dirixe este proxecto son nenos e nenas que empezan a ler e escribir.

ISBN: 978-84-942917-9-1
 Nº de páxinas:36
Encuadernación: Tapa dura

2 comentarios:

  1. Moitas grazas!!! por recomendar mi cuento a vuestros lectores. Suit es algo despistado pero muy tierno... ;-)
    ¿Un gran abrazo amigos y colegas bibliotecarios!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Susana por tu comentario.
      Para BiblioPazos es un placer recomendar las buenas obras de lectura infantiles como la tuya.
      Seguiremos en esa línea con los próximos títulos de tu autoría que adquiramos. Un fuerte abrazo.

      Eliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger