martes, 25 de outubro de 2016

ANAGNÓRISE


ANAGNÓRISE
Autora Mª Victoria Moreno
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Idade recomendada: + 15 anos

Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega.

O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga.

A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos.

Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

ISBN: 978-84-7154-606-X
Nº de páxinas: 148
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger