luns, 24 de outubro de 2016

FABULARIO NOVO


FABULARIO NOVO
Autor: Manuel Cuña Novás
Via Láctea S.A., 1991
Colección: Merlín e Familia 1

Xénero: Literatura Galega - Poesía 

Manuel Cuña Novás naceu en Pontevedra o ano 1924. Pasa a súa primeira infancia en Pontevedra ata o período republicano durante o cal a súa familia trasládase a Cidade Real, onde lles sorprende a guerra civil. Co fin da guerra, mentres o pai, escapando da represión e o mundo dos vencedores, marcha ao exilio, Manuel Cuña volve ao patio galego da nenez. Comeza un novo tempo. "A guerra maduráranos prematuramente, escamoteado unha infancia prohibida, cuxa carencia marcaría os seguintes pasos dunha vida estigmatizada polo temor e a furia contida dun pensamento clandestino".

Truncada a adolescencia, xorde o poeta e nacen os primeiros poemas. Como fitos destes anos, o matrimonio con Josefina e o nacemento dos dous fillos, a amizade co poeta Virgilio Nóvoa Gil, ao que afastará a tolemia.

En 1951 viaxa a Francia "cando París aínda cheiraba a morte" e onde atopa voces desgarradas e vibrantes, que xa nunca esquecerá: Sartre, Camus, Edith Piaf, Paul Eluard, ... e, con eles, os acollidos como mestres, Holderling, Rilke, Rimbaud ...

Xa en Pontevedra, en 1952 publícase o seu primeiro libro de poemas en lingua galega - Fabulario Novo - e, a partir dese ano escribe os seus máis fermosos poemas en lingua castelá, que reparte entre os amigos, deliberadamente afastado dos circuítos editoriais poéticos... 


ISBN: 978-84-86531-57-8
Nº de páxinas: 96
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger