E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 14 de setembro de 2016

A NENA DE AUGA E O PRÍNCIPE DE LUME


A NENA DE AUGA E O PRINCIPE DE LUME
Autor: Xabier P. Docampo
Ilustracións: Xosé Cobas
Edicións Xerais de Galicia S.A., 1989
Colección Merlín Azul

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 7 anos

¿Como se fai un conto? 
Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo.

¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xunta-la auga e o lume.

A nena de auga e o príncipe de lume. Unha vez era un río no que vivía unha nena de auga e un día pasou por alí un príncipe de lume. O seu amor era imposible, ó seren de auga e lume.

Mando a distancia. Aleixandre descobre que o mando a distancia do seu televisor ten poderes extraordinarios. Lévao á escola e deixa parado ó abusón da escola, cambia a clase de matemáticas pola de debuxo, báixalle-la voz ós profesores...

Mouriño. Mouriño é un verme. Os ourizos queren acabar con el e procuran a axuda dunha pega. Mouriño acóchase nunha tea de fíos de prata e, pasados varios días, sairá convertido en algo distinto.

O cabalo de cartón. Un neno quería ter un cabalo e, como os seus país non llo podían mercar, debuxouno nunha caixa de cartón e o cabalo fíxose realidade. O cabalo levouno a un lugar onde todo era de papel.

O boneco con cara de neno negro. A Xildo gústalle facer bonequiños co papel do xornal. Un día viu un retrato dun neno negro, retallouno e o boneco faloulle, e, dende aquela, son os mellores amigos do mundo.

ISBN: 978-84-7507-417-0
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger