Autor: Xosé María Álvarez Blázquez
Ilustracións: Manolo Uhía
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Merlín Azul, 1992
Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía
Idade recomendada: + 7 anos
ESTE LIBRO recolle o poemario que Xosé María Álvarez Blázquez
dedicou en 1950 a súa primeira filla, Colorín, con motivo do seu
primeiro aniversario.
Hai muitos anos naceu en Vigo unha nena que non tiña nome. Os seus pais, ao vela colorada de alegría chamaronlle Colorín. Cando a nena tiña un ano o pai escribiu este libro para contar como chegara un día Colorín voando no vento e cun arrecendo de rosas por debaixo da porta. Por iso o libro chamouse Roseira do teu mencer.
Cantiga de berce, canción de roda, xogo paralelístico, autenticidade popular latexan en cada sílaba destes poemas escritos por un pai deslumbrado e namorado pola graza da filla e sobrecollido polo feito sorprendente de que el mesmo é –en parte– o autor deste milagre, o creador da vida… Versos pequenos que son para cantar e bailar: a nena chora perseguida polas galiñas; cantaban para a nena a cotovía, o merlo e o reiseñor; o pai escorrenta a chuvia, a néboa, o vento e o arco da vella…
Un libro indispensable para que os escolares coñezan e lean ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008.

Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.