E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 13 de setembro de 2016

VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES


VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES
Autor: Julio Verne
Tradución: Mercedes Pacheco Vázquez / Llerena Perozo Porteiro
Ir Indo Edicións, 2003
Colección: Clásicos

Xénero: Narrativa

A singular obra que aquí presentamos resume e sintetiza tres elementos básicos que aparecen expostos en todos os títulos de Jules Verne.

Por unha banda, o seu interese pola ciencia e a tecnoloxía - moi desenvolvida naqueles anos -; pola outra, as descricións históricas e xeográficas que enmarcan cada un dos capítulos que conforman o libro e, finalmente, o seu propio ego, personificado nalgúns dos protagonistas do libro, especialmente no capitán Nemo.

Ademáis, conxuga dous elementos vitais na súa obra, o mar e o mundo das aventuras.

Verne, ó igual que fixera Leonardo da Vinci, tentou amosar ós seus coetáneos que todo aquilo co que soñaban podía facerse realidade, ben a través da construcción de aparatos imposibles, ben mediante as extraordinarias aventuras que aparecen en cada un dos seus libros, e que xogan eficazmente coa realidade e a ficción.

Precisamente, esta forma de ver a literatura deu pé a que ó longo do século XX estalara unha auténtica revolcuión no panorama literario mundial e que ten trazas de continuar alén dos tempos.

ISBN: 978-84-7680-496-2
Nº de páxinas: 475
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger