sábado, 16 de abril de 2016

VISITA A BIBLIOPAZOS DUN GRUPO DE PROFESORES DA CIDADE DE ADANA (TURQUÍA).

O pasado día 2 de marzo un grupo de mestres da cidade de Adana (Turquía) viñeron a visitarnos a BiblioPazos.

Os mestres durante a súa visita a BiblioPazos acompañados de dous compañeiros do CPI "Curros Enríquez" de Pazos
A visita á biblioteca surxíu por iniciativa dos mestres do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, no que estes profesores estiveron traballando durante a semana do 28 de Febreiro ao 5 de Marzo de 2016 como consecuencia dun proxecto Erasmus+ que está a desenvolver o centro de ensinanza e co obxectivo de estudar e observar como traballan os profesionais do colexio de Pazos (Job shadowing), especialmente no referente ás novas tecnoloxías e novos métodos de ensinanza.

 

https://www.dropbox.com/s/fjn73rnx98hyzvj/Captura%20de%20pantalla%202016-04-13%2013.11.26.png?dl=0Adana é a capital da provincia de Adana, en Turquía. A cidade administra dous distritos, Seyhan y Yüreğir, cunha poboación total de 1.611.262 de habitantes (2007) e unha superficie de 1.945 km². É a quinta cidade máis poboada de Turquía (despois de Estambul, Ankara, Esmirna y Bursa). (Fonte: Wikipedia)

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger