venres, 15 de abril de 2016

SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO E O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN

A Presidenta da Fundación Filomena Rivero Alonso Dª Gracia María Regojo Bacardí desprazouse a Pazos de Borbén o pasado luns día 11 de abril para asinar co Alcalde do Concello D. Andrés Iglesias Rodríguez un Convenio de Colaboración co obxecto de desenrolar conxuntamente actividades de carácter formativo, educativo, culturais e sociais dirixidas a tódolos públicos.

A Presidenta da Fundación Filomena Rivero Alonso e o Alcalde Pazos na sinatura do convenio

Para levar a cabo o desenrolo do convenio o Concello de Pazos de Borbén cederá gratuitamente as súas instalacións e a Fundación Filomena Rivero Alonso asumirá os custos da contratación do persoal ata un importe máximo de 60o,00 euros, para a realización das actividades programadas conxuntamente.

O convenio asinado terá vixencia ata o día 31 de decembro de 2016 se ben os responsables de ámbalas dúas institucións declararon "a súa intención de manter para os vindeiros anos esta liña de colaboración e así seguir traballando para conseguir mediante a promoción destas actividades os obxectivos mutuos das súas respectivas institucións para contribuír a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal".

Ao finalizar visitaron as instalacións da Biblioteca Pública Municipal do Concello ubicada no edificio da antiga casa consistorial en Pazos acompañados pola concelleira de Cultura Mª Teresa Cendón Barral, polo concelleiro César Gómez Durán e polo Secretario da Fundación Telmo Crespo Tojeiro.

Durante a visita ás instalacións se lles informou sobre o funcionamento e as actividades da Biblioteca tanto no que se refire a Cursos de Formación Cidadán que se desenrolan na Aula de Informática, das actividades de animación á lectura propias da biblioteca, e das actividades de difusión a través das redes sociais, co obxectivo de fidelizar e ampliar o número de usuarios lectores e a mellora continua da colección bibliográfica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger