2º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar"

2º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar"
3, 10, 17 e 21 de Novembro de 2017 / Auditorio do Concello

martes, 12 de abril de 2016

AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ


AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ
Autora: Ledicia Costas
Ilustracións: Óscar Villán
Edita: Pazo da Cultura de Pontevedra
1ª edición, febreiro 2016

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 9 anos 

"As peripecias de Extravaganzza Pérez" trata da viaxe dunha nena que se chama Extravaganzza. Esta percorre o mundo visitando diferentes ecosistemas nos que vai descubrindo as diferentes especies que hai polo mundo. 

A protagonista da historia é unha nena "valente e peculiar" que ten a particularidade de nacer con lentes e de comunicarse de modo sutil cos animais. Unha "nena peculiar, pero con moita personalidade, valente e coas ideas moi claras".

A pequena ten unha discapacidade polo que naceu con lentes. Esa combinación xunto coa súa forma de compaxinar a roupa foi o que deu lugar ao seu nome. "Pensa que pasar o ferro a roupa é unha perda de tempo e gústalle combinar lunares con rombos, é un pouco extravagante", relata a autora.

A pesar de ser un libro recomendado para nenos entre 9 e 12 anos a escritora está segura de que ese rango de idade aumentará, xa que é "unha lectura moi sinxela, unha historia fácil de ler".

Depósito Legal: PO 66-2016
Nº de páxinas: 157
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger